Talal de Xordania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Talal I de Xordania
Rei de Xordania
20 de xullo de 1951
11 de agosto de 1952
PredecesorAbdullah I
SucesorHussein I

Nacemento26 de febreiro de 1909
A Meca, Arabia Saudita
Falecemento7 de xullo de 1972
(63 anos)
Istambul, Turquía
Cónxuxe/sZein bint Jamil 'Ali,
Xerifa da Meca
(1934 - 1972)
DescendenciaHussein bin Al Abdullah
Iman bin Al Abdullah
Salma bin Al Abdullah
Hashem bin Al AbdullahVenceslau I
Casa realHaxemita
ProxenitoresAbdullah I
Musbah bint Nasser,
Xerifa da Meca

Na rede
WikiTree: Bin_Abdullah-1 Find a Grave: 7340520 Editar o valor em Wikidata

Talal I bin Abdullah, Rei de Xordania (en árabe: طلال بن عبد الله, Ṭalāl ibn `Abd Allāh) nado o 26 de febreiro de 1909 na cidade da Meca (Arabia Saudita) e finado o 7 de xullo de 1972 en Istambul (Turquía), foi rei de Xordania desde o 20 de xullo de 1951 até verse forzado a abdicar por razóns de saúde o 11 de agosto de 1952 (os británicos afirmaron de que sufría esquizofrenia[1]).

Vida[editar | editar a fonte]

Recibiu formación castrense na Real Academia Militar de Sandhurst do Reino Unido graduándose en 1939. Talal accedeu ao trono de Xordania despois do asasinato do seu pai, o rei Abdullah I en Xerusalén durante a oración do Venres. Seu fillo Hussein, quen acompañaba ao seu avó, tamén estivo a piques de ser asasinado.

Durante o seu breve reinado, Talal promoveu a redacción dunha Constitución liberal para o Reino de Xordania que permitise a formación dun goberno de carácter representativo con ministros responsables de forma individual ante o Parlamento. A Constitución foi ratificada o 1 de xaneiro de 1952. Tamén destacou durante o reinado de Talal a mellora que experimentaron as relacións entre o Reino de Xordania e os veciños Estados árabes de Exipto e Arabia Saudita, previamente tensas.

Familia[editar | editar a fonte]

O 27 de novembro de 1934 Talal casou coa súa prima irmá Zein bint Jamil 'Ali, Xerifa da Meca, coa que tivo catro fillos e dúas fillas:

Liña do tempo[editar | editar a fonte]

Abdullah II de XordaniaHussein I de JordaniaAbd Allah ibn HusaynAbd Allah ibn Husayn

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Schizophrenia," Time Magazine, 18 de agosto de 1952". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2012. 
Predecesor:
Abdullah I

Rei de Xordania

19511952
Sucesor:
Hussein I