Atol Takapoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Takapoto»)
Takapoto
Atol
Datos
País Francia
Illa principal
Linguas
Poboación (2007) 472 hab.
Superficie 15 km²
Superficie lagoa 81 km²
Nº de illas
Coordenadas 14°37′S 145°12′O / -14.617, -145.200
Maior Altura
Localización
Localización do atol

Takapoto é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Takaroa. Xeograficamente forma parte do grupo de illas do Rei Xurxo. Está situado ao norte do arquipélago, a 9 km ao suroeste de Takaroa e a 560 km ao nordés de Tahití.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten unha forma ovalada de 20 km de longo e 6 de ancho, cunha superficie emerxida de 13 km² máis 10 km² de arrecifes. A lagoa interior de 81 km² é pechada sen ningún paso practicable ao océano, pero a auga renóvase por canles submarinas e resulta bastante salgada.

A vila principal é Fakatopatere, situada no illote máis grande onde hai tamén un aeródromo. A poboación total era de 472 habitantes no censo do 2007. As actividades principais son a pesca, a produción de copra e o cultivo de perlas. Neste atol atópase a máis soada das ostras de perla negra, apinctada Margaritifera.

Lagoa de Takapoto

Historia[editar | editar a fonte]

O nome Takapoto quere dicir «queixo curto», por ser de dimensións algo máis pequenas que Takaroa. Atópanse máis de 22 maraes, antigos templos polinesios. Un dos máis destacados atópase á entrada de Fakatopatere onde antigamente unha moza era sacrificada cada cinco anos ao deus Matapo. Foi chamadoSondre Grondt(Sen Fondo) por Jacob Le Maire (1616), Schadelijk (Perniciosa) por Jacob Roggeveen (1722) e Spiridoff por Otto von Kotzebue (1816).