Taipei - 台北市

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Taipei - 台北市
Taipei City seal.svg Flag of Taipei City.svg
Situación xeográfica
Taiwan ROC political division map Taipei City.svg
Estado: Flag of the Republic of China.svg Taiwan
Rexión:
Subrexión:
Distrito:
Xeografía
Altitude: 10 msnm
Superficie: 271´77 km²
Poboación
Poboación total: 2.606.151 hab. (2010)
Densidade de poboación: hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde: Hau Lung-pin
Sitio na web: taipei.gov.tw/

Taipei (Caracteres simplificados: 台北市; Caracteres tradicionais: 臺北市; Transcrición pinyin: Táibĕi Shì; Romanización do nome taiwanés: Tâi-pak Chhī; é a cidade capital de Taiwán (República de China, non recoñecida pola ONU), e o seu centro comercial, industrial e cultural máis importante. (2.685.357h. 2001).

Situada no extremo norte da illa de Taiwán (antiga Formosa), a beira do río Tanshui preto da súa desembocadura no Mar da China Oriental, foi fundada por inmigrantes chineses en 1708. Comezou a adquirir importancia en 1885, cando foi elixida coma capital da provincia de Taiwán substituíndo a Tainan, e sobre todo en 1949 cando se converteu na capital do goberno nacionalista chinés de Chan-Kai-Chek refuxiado na illa trala toma do poder no continente polos comunistas de Mao-Tse-Tung.