Tailandia - ประเทศไทย

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
ราชอาณาจักรไทย
Ratcha Anachak Thai
Reino de Tailandia
Bandeira de Tailandia Escudo de Tailandia
Bandeira Escudo
Lema: Ningún lema oficial
Himno nacional: Phleng Chat
 
LocationThailand.svg
 
Capital
 • Poboación
Bangkok
4.425.720 hab. (2005)
Cidade máis poboada Bangkok
Linguas oficiais
Tailandés

Forma de goberno Monarquía constitucional
Bhumibol Adulyadej
Yingluck Shinawatra
Independencia
- Reino de Sukhothai
- Reino de Ayutthaya
- Reino de Thonburi
- Dinastía Chakri
do Imperio Jemer
1238-1368
1350-1767

1767-7 de abril de 1782
7 de abril de 1782
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 50º
514.000 km²
0,4 %
4.863 km km
3.219 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 19º
64.631.595
126 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 34º
US$ 206.258 millones[1]
US$ 3.136 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 22º
US$ 597.380 millones
US$ 9.084 (2006)
IDH (2007) 0,781 (78º) – Medio
Moeda Baht (THB)= 100 satang
Xentilicio Tailandés, tailandesa
Fuso horario UTC+7
Dominio de Internet .th
Prefixo telefónico +66
Prefixo radiofónico HSA-HSZ / E2A-E2Z
Código ISO 764 / THA / TH
Membro de: ONU, ASEAN, APEC
Tódolos países do mundo

Tailandia, oficialmente Reino de Tailandia, en tailandés; ราชอาณาจักรไทย, Ratcha Anachak Thai, é un país do sueste asiático, dividido entre a Indochina e a Península Malaia. Limita ao norte e ao leste por Laos, a sur por Camboia, o Golfo da Tailandia e Malasia, a oeste polo Mar de Andamán e a oeste e norte por Myanmar.[2] A súa capital é Bangkok. A área do país foi denominada previamente como Siam, nome mudado por primeira vez en 1939 por Prathet Thai (ประเทศไทย) e novamente en 1949, despois de ser revertido durante a Segunda Guerra Mundial).[3] Prathet significa "país" e a palabra thai (ไทย) significa "libre" ou "liberdade" no idioma tailandés, palabra que tamén é o nome do grupo étnico maioritario en Tailandia (etnia que encontrou a súa liberdade hai máis de dous milenios, ao chegar a esta rexión fuxidos dos chineses). Prathet Thai pode traducirse logo como País de Xente Ceibe. Ao traducirse ao inglés Prathet Thai pasou a ser Thailand (Terra dos Thai) e de aí vén Tailandia. O calendario oficial de Tailandia está baseado na versión budista, que está 543 anos por diante do calendario gregoriano. Por exemplo, o ano 2011, é o ano 2554 na Tailandia.

Índice

Historia [editar]

Artigo principal: Historia de Tailandia.

Debido á súa localización xeográfica, a cultura tailandesa estivo tradicionalmente influída polas culturas da China e da India, aínda que xerou diferentes culturas autóctonas desde o período Baan Chiang. O reino budista de Sukhothai é considerado convencionalmente como o primeiro estado Thai na rexión. Foi fundado en 1238, e o súa xerminación coincide no tempo coa etapa final do Imperio khemer, entre os séculos XIII e XV. Un século máis tarde, a mediados do XIV, o reino de Ayutthaya reempraza a Sukhothai como potencia dominante en Siam. Tras o saqueo de Angkor por Ayutthaya en 1431, gran parte da corte khemer é obrigada a exiliarse a Ayutthaya, traendo consigo os seus rituais e costumes khemeres, de inspiración hindú. Moitos destes costumes son asimilados posteriormente pola cultura Ayutthaya. Tras a caída de Ayutthaya en 1767, Thonburi convértese na capital durante un período breve de tempo, baixo o rei Taksin o Grande, até o golpe de estado de 1782.

A era actual (Ratthanakosin) da historia tailandesa empeza en 1782, durante o reinado de Rama I o Grande, da dinastía Chakri, quen establece a capital de Siam en Bangkok. As potencias europeas comezan a establecer contactos con Tailandia no século XVI. A pesar d presión europea, Tailandia é o único país do sueste asiático que nunca foi colonizado por unha potencia europea, sendo a explicación principal deste feito que, durante todo o século XIX, Tailandia contou cunha recua de hábiles gobernantes, demostrando unha enorme capacidade para utilizar a rivalidade franco-británica na rexión sen queimarse. Como resultado, o país adquiriu o status de estado tapón entre os países do sueste asiático francés (Indochina) e a India e Birmania, en poder de Gran Bretaña. A pesar da súa independencia, a influencia occidental provocou durante este período que se producisen moitos cambios, entre eles, o outorgamento de importantes concesións en favor dos intereses británicos, como foi a cesión das tres provincias meridionais de Tailandia, que actualmente son parte de Malasia.

En 1932, unha revolución sen esparramento de sangue resultou no establecemento dunha monarquía constitucional. Durante a Segunda Guerra Mundial Tailandia alíase con Xapón, mais tras a derrota destes e a fin da guerra, Tailandia reconvértese en aliado dos Estados Unidos. Desde o inicio da Guerra Fría e até os anos 80, Tailandia é un país politicamente inestable. Durante este período acontécense unha serie de cambios de goberno a consecuencia de varios golpes de estado. Tras eses tempos, o país configúrase, a partir do golpe militar de 1991, como unha democracia participativa moderna. En 1997, a crise financeira asiática castiga con dureza a Tailandia. O valor do baht tailandés cae en picado, de 25 bahts por dólar pasa a 56 bahts por dólar. Mais superou a crise e o crecemento do seu PIB no 2003 foi do 7%.

En 2001, Thaksin Shinawatra, do partido Thai Rak Thai (Os Tailandeses aman os Tailandeses) converteuse no Primeiro Ministro tailandés, tras gañar as eleccións celebradas ese mesmo ano. En 2005, Thaksin renovou o seu mandato por outros catro anos, mais, durante este mesmo período danse acusacións de, entre outras cosas, compra de votos, utilización do poder para favorecer as súas empresas... En abril de 2006 vólvense celebrar eleccións e Thaksin revalida de novo o cargo. Non obstante, tras o boicot da oposición ao novo goberno, a Corte Suprema tailandesa sentencia a anulación dos resultados electorais e a convocatoria dunha nova cita electoral. O 19 de setembro de 2006, estando Thaksin en Nova York, os militares do autodenominado "Consello para a reforma democrática", baixo o mando de Sondhi Boonyaratglin, toman o poder. Máis tarde vólvese á normalidade e imponse o partido de Thaksin, que goberna até outubro de 2008, cando os seguidores da APD forzaran a dimisión do goberno e a entrada do PDN. No 2011 converteuse en primeira primeira ministra de Tailandia Yingluck Shinawatra, irmá do derrocado Thaksin Shinawatra.

Política [editar]

Organización politico-administrativa [editar]

Artigo principal: Subdivisións da Tailandia.

Tailandia divídese en 76 provincias (en tailandés: จังหวัด, changwat, singular e plural) reunidas en 5 grupos - nalgúns casos as provincias do leste e do oeste agrúpanse. O nome de cada provincia é o da súa cidade capital, algunhas veces co prefixo Mueang (ou Muang) para evitar confusión coa provincia. Coa excepción da provincia Songkhla, a capital é tamén a cidade máis grande da provincia.

Bangkok é a zona máis poboada e a de maior densidade de poboación. A provincia de maior área é Nakhon Ratchasima, a máis pequena é Samut Songkhram. A Provincia Mae Hong Son ten a menor densidade de poboación, e Ranong ten a menor poboación absoluta (cifras tomadas do censo de 2000). A última provincia en nacer foi Bueng Kan, no 2011.

Cada provincia é administrada por un gobernador, nomeado polo Ministro do Interior. A única excepción é Bangkok, que non é unha provincia, onde se elixe ao gobernador.

As provincias están divididas en 877 distritos (amphoe, อำเภอ). Os cincuenta distritos de Bangkok son chamados khet ((เขต), pero son correntemente chamados amphoe, aínda nalgúns documentos oficiais. Os distritos divídense á súa vez en tambon (ตำบล comunas ou sub-distritos) e muban (หมู่บ้าน poboados).

Mapa coa enumeración das 76 provincias de Tailandia

Provincias [editar]

Norte

  1. Chiang Mai (เชียงใหม่)
  2. Chiang Rai (เชียงราย)
  3. Kamphaeng Phet (กำแพงเพชร)
  4. Lampang (ลำปาง)
  5. Lamphun (ลำพูน)
  6. Mae Hong Son (แม่ฮ่องสอน)
  7. Nakhon Sawan (นครสวรรค์)
  8. Nan (น่าน)
  9. Phayao (พะเยา)
  10. Phetchabun (เพชรบูรณ์)
  11. Phichit (พิจิตร)
  12. Phitsanulok (พิษณุโลก)
  13. Phrae (แพร่)
  14. Sukhothai (สุโขทัย)
  15. Tak (ตาก)
  16. Uthai Thani (อุทัยธานี)
  17. Uttaradit (อุตรดิตถ์)

Nordeste

  1. Amnat Charoen (อำนาจเจริญ)
  2. Buri Ram (บุรีรัมย์)
  3. Chaiyaphum (ชัยภูมิ)
  4. Kalasin (กาฬสินธุ์)
  5. Khon Kaen (ขอนแก่น)
  6. Loei (เลย)
  7. Maha Sarakham (มหาสารคาม)
  8. Mukdahan (มุกดาหาร)
  9. Nakhon Phanom (นครพนม)
  10. Nakhon Ratchasima (นครราชสีมา)
  11. Nong Bua Lamphu (หนองบัวลำภู)
  12. Nong Khai (หนองคาย)
  13. Roi Et (ร้อยเอ็ด)
  14. Sakon Nakhon (สกลนคร)
  15. Si Sa Ket (ศรีสะเกษ)
  16. Surin (สุรินทร์)
  17. Ubon Ratchathani (อุบลราชธานี)
  18. Udon Thani (อุดรธานี)
  19. Yasothon (ยโสธร)
  20. Bueng Kan (บึงกาฬ)

Central

  1. Ang Thong (อ่างทอง)
  2. Phra Nakhon Si Ayutthaya (พระนครศรีอยุธยา)
  3. Bangkok (Krung Thep Maha Nakhon) (กรุงเทพ ฯ)
  4. Chainat (ชัยนาท)
  5. Kanchanaburi (กาญจนบุรี)
  6. Lop Buri (ลพบุรี)
  7. Nakhon Nayok (นครนายก)
  8. Nakhon Pathom (นครปฐม)
  9. Nonthaburi (นนทบุรี)
  10. Pathum Thani (ปทุมธานี)
  11. Phetchaburi (เพชรบุรี)
  12. Prachuap Khiri Khan (ประจวบคีรีขันธ์)
  13. Ratchaburi (ราชบุรี)
  14. Samut Prakan (สมุทรปราการ)
  15. Samut Sakhon (สมุทรสาคร)
  16. Samut Songkhram (สมุทรสงคราม)
  17. Saraburi (สระบุรี)
  18. Sing Buri (สิงห์บุรี)
  19. Suphan Buri (สุพรรณบุรี)

Leste

  1. Chachoengsao (ฉะเชิงเทรา)
  2. Chanthaburi (จันทบุรี)
  3. Chon Buri (ชลบุรี)
  4. Prachin Buri (ปราจีนบุรี)
  5. Rayong (ระยอง)
  6. Sa Kaeo (สระแก้ว)
  7. Trat (ตราด)

Sur

  1. Chumphon (ชุมพร)
  2. Krabi (กระบี่)
  3. Nakhon Si Thammarat (นครศรีธรรมราช)
  4. Narathiwat (นราธิวาส)
  5. Pattani (ปัตตานี)
  6. Phang Nga (พังงา)
  7. Phatthalung (พัทลุง)
  8. Phuket (ภูเก็ต)
  9. Ranong (ระนอง)
  10. Satun (สตูล)
  11. Songkhla (สงขลา)
  12. Surat Thani (สุราษฎร์ธานี)
  13. Trang (ตรัง)
  14. Yala (ยะลา)

Xeografía [editar]

Artigo principal: Xeografía de Tailandia.

Os 514.100 Quilómetros cadrados de Tailandia están situados no centro do sueste asiático. A posición de Tailandia como eixo da zona influenciou moitos aspectos da súa sociedade e da súa cultura. Controla o único paso terreste desde Asia a Malaisia e Singapur.

Relevo [editar]

Montañas de Tailandia con incendios forestais.

A serie de cordilleiras que se prolongan de norte a sur ocupan a parte setentrional e occidental do país. As maiores elevacións danse nos sistemas montañosos que se prolongan cara ao oeste, ao longo da fronteira birmana, chegando a súa altitude até os 2.595 m de Doi Inthanon, que é, o punto máis alto da Tailandia. A zona que pertence á península Malaia está arrodeada por estreitas mesetas costeiras e chegan á súa cota máis elevada en Jao Luang (1.790 m). No centro da Tailandia aparece outro sistema montañoso que discorre en dirección norte-sur, aínda que o seu extremo meridional torce cara ao oeste. Doi Pia Fai (1.270 m) é o punto máis elevado deste sistema. No leste do territorio continental atópase a meseta de Khorat, unha zona estéril con escasos cumios e que ocupa aproximadamente un terzo da superficie do país, ficando limitada esta área polo val do río Mekong.[4]

Clima [editar]

Climograma de Bangkok.

As temperaturas en Tailandia son xeralmente altas e fai calor, sobre todo durante os meses de marzo, abril e maio. Na tempada de choivas, que vai desde xuño a outubro, prodúcense fortes precipitacións con elevadas temperaturas.

Flora e fauna [editar]

Mapa de Tailandia.

As xunglas e zonas pantanosas esténdense por todas as áreas costeiras de Tailandia e contan con enormes zonas de árbores tropicais, entre as que se encontran mangles, xuncos de Indias, ébano e distintas especies de madeiras de gran resistencia, como o mesquite, o pauosanto e o pau de rosa. As zonas das terras altas e das mesetas albergan tamén zonas con bastantes especies de árbores, destacando a teca, o agalloch e o carballo. Tamén se atopa en Tailandia unha gran variedade de plantas e árbores froiteiras tropicais como orquídeas, gardenias, hibiscos, plátano, mangos e cocos. Entre as especies animais encóntrase o elefante, que se utiliza como animal de carga, ademais de cuadrúpedos como rinocerontes, tigres, leopardos, gaures ou bois salvaxes, xibóns e búfalos. O gato siamés é, como o seu nome indica, orixinario desta terra. No país hai máis de cincuenta clases de serpentes, sendo moitas delas velenosas.[5]

Economía [editar]

Artigo principal: Economía de Tailandia.

Con boa infraestrutura, unha economía de mercado desenvolvida e unha política de atracción de investimentos, Tailandia tivo considerábeis ganancias coa exportación, principalmente de produtos electrónicos nos últimos anos, recuperándose da crise financeira asiática de 1997-1998.

Cultura [editar]

Educación [editar]

O máis antigo centro universitario do país é a Universidade de Chulalongkorn.

Notas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: