Atol Taiaro
| Taiaro | |
|---|---|
| Datos | |
| País | Francia |
| Illa principal | |
| Linguas | |
| Poboación (2009) | Deshabitado, privado |
| Superficie | 6 km² |
| Superficie lagoa | 12 km² |
| Nº de illas | |
| Coordenadas | 15°45′S 144°38′W / 15.75°S 144.633°WCoordenadas: 15°45′S 144°38′W / 15.75°S 144.633°W |
| Maior Altura | 4 m. |
| Localización | |
Taiaro é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa, dependente de Kauehi, comuna asociada á comuna de Fakarava. Está situado no centro e ao oeste do arquipélago, a 65 km ao nordés de Fakarava.
[editar] Xeografía
O atol é de forma circular, un anel de terra de 700 metros de ancho cunha superficie total de 6 km², e unha altitude de entre 3 e 4 m. A lagoa queda pechada, aínda que a auga se renova por diversas canles. O fondo da lagoa é de area, cunha profundidade de entre 15 e 20 m.
A vila principal é Paganie. Hoxe en día o atol é propiedade privada de W.A.Robinson, non está habitado permanentemente nin dispón de infraestruturas.
[editar] Historia
Taiaro quere dicir literalmente «perdido no mar». Foi descuberto en 1835, por Fitz-Roy, sendo o último atol descuberto das Tuamotu. Coñecíase co nome de Wilkes. En 1977 a UNESCO declarou o atol de Taiaro reserva da biosfera, destacando a particularidade dun atol completamente pechado e deshabitado, e a importancia e a diversidade da fauna e a flora. Ultimamente hai unha proposta para ampliar a reserva da biosfera a todos os atois do concello de Fakarava.