Tabari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Мухаммад Джарири ат-Табари.JPG

Abu Jafar Muhammad ibn Jarir at-Tabari (en árabe الطبري, 838-923), historiador e teólogo suní iraniano, naceu en Amol, Tabaristán (ao sul do Mar Caspio) e estudou en Ray, Bagdad, Siria e Exipto. "Tabari" significa "de Tabaristán". Morreu en Bagdad.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Antes dos sete anos xa aprendera o Corán de memoria, e nos dous anos seguintes rematou os estudos das recollas clásicas dos hadiths. Deixou o seu domicilio familiar aos doce anos para ir estudar e antes dos dezasete chegou a Bagdad. Ali contaba con coñecer a Ahmedben Hanbal, mais chegou pouco despois da morte deste. Após un ano en Bagdad, viaxou até o sul do Irak, estudando en Kufa e Basra. Retornou a Bagdad e permaneceu nela oito anos. Partiu de novo de viaxe á Siria, a Palestina e o exipto. Cara 870 volveu a Bagdad, onde decorreron os cincuenta e tres anos restantes da súa vida ensinando a tradición e a lei, ben que visitou o Tabaristán varias veces e peregrinou á Meca. A súa vida foi simple e digna e caracterizouse pola dilixencia extrema. Dise que rexeitaba os regalos de valor.

As súas orixes iranianianas non impediron que se encadrase na tradición suní, pasase a maior parte da súa vida en Bagdad e escribise todas as súas obras en árabe. Inscribíase na tradición shafi'ita da lei e reclamaba o dereito a criticar todas as escolas. Rematou por fundar a súa propia, na que chegou a provocar a ira violenta dos hanbalitas.

Tabari escribiu sobre case todos os temas da vida musulmana: historia, exéxese do Corán, recolla de hadiths, comentarios sobre dereito, etc. Interesouse tamén pola medicina. As súas obras non son numerosas, mais dúas delas son bastante extensas.

Historia dos profetas e os reis (Tārikh ur-Rusul wal-Mulūk, تاريخ الرسل والملوك), coñecida como os Anais, é unha historia desde a Creación até 915.

Os seus comentarios sobre o Corán son tan detallados como os Anais. O tamaño da obra e a independencia de xuízo teñen dificultado a súa popularización, mais si é utilizada.

Tabari albergou un terceiro proxecto sobre as tradicións dos compañeiros de Mahoma.