Ta'u

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ta'u
Vista da illa
TauIslandSamoa.JPG
Datos
Capital Taʻū
País Estados Unidos
Localización Océano Pacífico
Arquipélago
Linguas
Poboación (2000) 873 hab.
Superficie 45,7 km²
Densidade
Coordenadas 14°14′S 169°27′W / 14.23°S 169.45°W / -14.23; -169.45
Maior Altura 931 m. Lata
Localización
Localización

Ta'u, en samoano Taʻū, é a illa máis grande do grupo Manua, na Samoa Americana. Tamén se chamou illa Manua e Opoun.

A illa é de orixe volcánico, cunha altitude máxima de 931 metros no monte Lata, o punto máis alto da Samoa Americana.

O aeroporto máis grande das illas Manua atópase no extremo nordés de Ta'u, en Fiti'uta. No extremo noroeste hai un pequeno porto, en Faleāsao. Unha estrada na beira da ribeira setentrional conecta os diferentes pobos.

Toda a metade sur de Ta'u, incluída a selva do monte Lata, o litoral meridional e os arrecifes de coral asociados, son parte do Parque Nacional da Samoa Americana. Dentro do parque atópase o lugar sacro de Saua, considerado o lugar de nacemento dos polinesios.

Nos pobos do extremo noroeste de Ta'u é onde a antropóloga Margaret Mead fixo o seu traballo de campo en 1925 sobre a cultura samoana e especialmente a adolescencia.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]