Televisión Canaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TV Canaria»)
Televisión Canaria
Inicio das emisións 21 de agosto de 1999
Propiedade de Radio Televisión Canaria
Formato da imaxe 1080i HDTV
País España España
Lingua castelán
Área de emisión Illas Canarias Illas Canarias
Nome(s) anterior(es) Televisión Autonómica de Canarias
Canle/s irmá(s) Televisión Canaria NET

Na rede
www.rtvc.es

A Televisión Canaria é a canle de televisión autonómica das Illas Canarias, pertencente ao ente público Radio Televisión Canaria. Comezou as súas emisións en 1999 baixo o nome de Televisión Autonómica de Canarias. A súa sede principal está en Santa Cruz de Tenerife.

Historia[editar | editar a fonte]

O proxecto de creación deste canal xorde nos anos 80 coa promulgación da lei 8/1984 da Comunidade Autónoma das Canarias relativa á Radiodifusión e Televisión Canaria. A primeira emisión prodúcese o 21 de agosto de 1999 co nome de Televisión Autonómica de Canarias (TVAC). Dous anos máis tarde pasou a denominarse "Televisión Canaria" utilizándose o eslogan "La Nuestra" para darlle publicidad entre os canarios. A súa sede está en Santa Cruz de Tenerife.

Emite para toda Canarias en formato analóxico e dixital (TDT). Ademais pode ser vista polo resto de España a través das plataformas dixitais. A canle internacional da Televisión Canaria emite para toda América, dende o Canadá á Arxentina cunha serie de contidos especiais que intentan achegar ós de alén do Atlántico. En 1998 a través dun concurso público concédese á Produtora Canaria de Televisión a xestión da programación e publicidade da canle.

A PCTV está integrada nun 40% polo grupo PRISA. Co paso do tempo a PCTV pasou a denominarse SOCATER (Sociedade Canaria de Televisión Rexional).

Entre outros servizos, como o subtitulaxe para xordos, a Televisión Canaria ten teletexto, o primeiro dentro do ámbito autonómico do arquipélago.

En abril de 2012 acadou un 8,6& de Share FormulaTV

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]