TOP 09

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tradice Odpovědnost Prosperita (TOP 09)
Tradición Responsabilidade Prosperidade
Dirixentes e organización
Líder Karel Schwarzenberg
Filiación internacional Unión Internacional Demócrata
Historia
Fundación 11 de xuño de 2009
Posicións políticas
Ideoloxía Conservodorismo fiscal
Conservadorismo liberal
Proeuropeísmo
Representación
Representación 26 deputados no Parlamento da República Checa
1 senadores no Senado da República Checa
1 eurodeputado
44 concelleiros rexionais
1.171 concelleiros
Outros datos
Sede Michnův palác, Újezd 450/40,
118 00 Praga - Malá Strana
Páxina web www.top09.cz

O Tradice Odpovědnost Prosperita ou TOP (en galego Tradición Responsabilidade Prosperidade) é un partido político checo situado políticamente no centro-dereita.[1][2] A nivel europeo está afiliado ao Partido Popular Europeo. Actualmente é a terceira forza política na República Checa con 41 deputados no Parlamento. O seu lider é Karel Schwarzenberg e destaca polo seu apoio ao mercado libre e á Unión Europea.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

O partido foi fundado o 11 de xuño de 2009 por Miroslav Kalousek como unha facción a prol do mercado libre do Křesťanská a demokratická unie – Československá strana lidová (Partido Demócrata Cristián]].[4] Karel Schwarzenberg, antigo Ministro de Asuntos Exteriores da República Checa nomeado polo Strana zelených (Partido Verde), converteuse no seu primeiro lider do partido.[5]

Con base nas enquisas de intención de voto, o partido pronto gozou de popularidade como segundo partido máis forte da dereita (o ODS era o primeiro),[6] como se confirmou tralas Eleccións ao Parlamento Checo 2010, cando conseguiu un 16.70 % dos votos, mentres que ODS se fixo co 20.22 %.[7]

O TOP 09 atópase actualmente na coalición de goberno xunto con ODS e o Věci veřejné (Relacións Públicas). Neste goberno de coalición, o TOP 09 conta con 5 ministros:

En setembro de 2010, o TOP 09 solicitou a súa adhesión como membro ao Partido Popular Europeo. Karel Schwarzenberg ten participado tamén en dous congresos do PPE (15 de setembro[8] e 16 de decembro de 2010[9]). O 10 de febreiro de 2011 o TOP 09 foi aceptado oficialmente como membro do PPE.[10]

O influínte deputado Jan Březina deixou o partido para unirse ao KDU–ČSL en febreiro de 2012.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Tůma likely to head Prague ballot for TOP 09". Radio Praga. 13 July 2010. http://www.radio.cz/en/news/129788. Consultado o 12 agosto 2010.
  2. Gardner, Andrew (30 xuño 2010). "Deal struck on Czech government". European Voice. http://www.europeanvoice.com/article/2010/06/deal-struck-on-czech-government/68368.aspx. Consultado o 12 August 2010.
  3. "Czech TOP 09 supports EU integration". Czech News Agency. 26 October 2009. http://www.ceskenoviny.cz/tema/zpravy/czech-top-09-supports-eu-integration/404654&id_seznam=18746.
  4. (en alemán) Klausmann, Alexandra (21 Maio 2010). "Tschechien: Jugend vereint gegen Linksparteien". Wiener Zeitung. http://www.wienerzeitung.at/default.aspx?tabID=3861&alias=wzo&cob=494591.
  5. "Schwarzenberg to be Kalousek's Czech TOP 09 party leader". Czech News Agency. 11 xuño 2009. http://www.ceskenoviny.cz/news/zpravy/schwarzenberg-to-be-kalousek-s-czech-top-09-party-leader/382144.
  6. "Volby 2010". Lidové noviny. Czech Republic. http://www.lidovky.cz/ln-volby-ps10.asp?v=preference.
  7. "Official results of election to the Parliament of the Czech Republic 2010". Volby.cz. 29 May 2010. http://volby.cz/pls/ps2010/ps2?xjazyk=EN. Consultado o 14 abril 2011.
  8. administrator (16 setembro 2010). "EPP welcomes European Council conclusions; Roma issue should not be exploited". Epp.eu. http://www.epp.eu/press.asp?artid=1449&fullview=1.
  9. administrator. "EPP official website". Epp.eu. http://www.epp.eu/press.asp?artid=1514&fullview=1.
  10. "TOP 09 členem nejsilnější evropské strany – TOP 09". Top09.cz. http://www.top09.cz/co-delame/tiskove-zpravy/top-09-clenem-nejsilnejsi-evropske-strany-5131.html.
  11. (en checo) Němec, Jan (8 febreiro 2012). "Rána pro lidovce, známý europoslanec Březina je opouští". Aktuálně. http://aktualne.centrum.cz/domaci/politika/clanek.phtml?id=732192.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]