Türk Telekom Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Türk Telekom Arena
UEFA 5 stars.svg
Türk Telekom Arena view.jpg
Fachada do estadio.
Datos
Localización Istambul, Turquía
Arquitecto Mete Arat
Custo 160.000.000
Inauguración 15 de maio de 2011
Superficie Céspede
Capacidade 52.652 (nacional)
55.000 (internacional)
Dimensións 105 x 68 m.
Propietario AEG GmbH
Localía Galatasaray
Eventos
Ningún

O Türk Telekom Arena é un estadio localizado no distrito de Şişli, ao norte de Istambul, no estado de Turquía, no que xoga como local o Galatasaray SK. O recinto ten capacidade para acoller a 52.652 persoas nas bancadas.

Índice

Historia [editar]

En 2006 foi inaugurado o novo estadio do Fenerbahce (máximo rival do Galatasaray), o Şükrü Saracoğlu Stadium, con capacidade para acoller mais de 50.000 seareiros. Aquela obra provocou que o Galatasaray sentise a necesidade de facer o mesmo que o seu rival, xa que no seu estadio, o Ali Sami Yen, só collían 23.477 persoas.

Nuns primeiros intres houbo propostas para derrubar o vello recinto e construír un novo estadio mais grande e moderno no mesmo sitio. Non obstante, víuse que esa opción non era posible, xa que non había espacio abondo. O 11 de maio de 2007 anunciouse o plan para construir un novo estadio en Şişli, o distrito financeiro mais importante da cidade e do país.

As obras remataron en 2010 e o estadio foi inaugurado o 15 de xaneiro de 2011 nun encontro amigable fronte o Ajax Amsterdam que rematou sen goles.

Características [editar]

O estadio Turk Telekom Arena foi construido cun tellado que se pode poñer ou quitar mecánicamente segundo conveña, característica que o fai idóneo para eventos como concertos. O primeiro concerto que se celebrou neste recinto foi o de Bon Jovi o 8 de xullo de 2011.

As medidas do campo de xogo son 105x68 metros. Nas bancadas collen 52.652 persoas, con 213 palcos vip. O estadio ten a súa propia estación de metro, e 3225 prazas de aparcamento.

O nome orixinal do estadio era Ali Sami Yen Spor Kompleksi, nome que aínda se emprega nos encontros pertencentes ás competicións da UEFA. Non obstante, no campionato turco o estadio recibe o nome Türk Telekom Arena por mor do acordo publicitario que asinaron o Galatasaray e a empresa turca de telecomunicacións Türk Telekom, un acordo por 10 anos e 10'25 millóns de dólares por ano.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]