Tunisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Túnez")
الجمهورية التونسية
République tunisienne

República Tunisiana
Bandeira de Tunisia Escudo de Tunisia
Bandeira Escudo
Lema: نظام، حرية، عدالة
(Árabe: Liberdade, orde, xustiza)
Himno nacional: Humat Al Hima
 
Tunisia (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Tunes
728.453 (2008)
Cidade máis poboada Tunes
Linguas oficiais
Árabe1
Forma de goberno República presidencialista
Moncef Marzouki
Mehdi Jomaa
Independencia
 • Concedida
de Francia
20 de marzo de 1956
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 92º
163.610 km²
5%
1.424 km
1.148 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 79º
10.432.500 (2009 est.)
63,76 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 76º
US$ 40.168 millóns
US$ 3.851
PIB (PPA)
 • Total (2009)
 • PIB per cápita
Posto 70º
US$ 86.086 millóns
US$ 8.254
IDH (2010) 0,683 (81º) – Alto
Moeda Dinar (د.ت, TND)
Xentilicio Tunisiano, tunisiana[1]
Fuso horario CET (UTC+1)
Dominio de Internet .tn
Prefixo telefónico +216
Prefixo radiofónico 3VA-3VZ, TSA-TSZ
Código ISO 788 / TUN / TN
Membro de: ONU, UA, Liga Árabe

1 Aínda que non de iure, o francés é lingua oficial de facto.

Tódolos países do mundo

Tunisia (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Maghreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sahara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Historia[editar | editar a fonte]

Tunisia está poboada desde a prehistoria. Os seus primeiros habitantes coñecidos son os bérberes.

  • 814 A.C.: Fundación de Cartago por colonos fenicios, conducidos pola raíña Dido. A nova cidade desenvolvese axiña, converténdose nunha potencia que inqueda a Roma.
  • 264 - 146 A.C.: Tres guerras contra Roma, pasadas á posteridade baixo o nome das guerras púnicas, dando lugar, entre outras, á fantástica expedición conducida por Aníbal que atravesa os Alpes cos seus elefantes (218 - 202 A. C). Estas guerras rematan coa derrota de Cartago.
  • 146 A.C. - 439: Establecemento da primeira colonia romana, Africa. O país coñece unha grande prosperidade. Desenvólvense a agricultura e a urbanización.

Vándalos e Bizantinos[editar | editar a fonte]

  • 439: Conquista de Cartago polos Vándalos.
  • 533: Toma de Cartago polos Bizantinos.

Era árabe-musulmana[editar | editar a fonte]

Mapa de Tunisia

Protectorado francés[editar | editar a fonte]

Tunisia vista desde satélite

1881-1956: Protectorado francés, establecido o 12 de maio de 1881. A resistencia anticolonial dura durante practicamente a totalidade dos 75 anos da dominación francesa.

Independencia[editar | editar a fonte]

O 20 de marzo de 1956 Tunisia obtén a independencia. O 25 de xullo de 1957 proclamouse a república, nomeándose a Habib Bourguiba presidente da Tunisia independente.

O 1 de xuño de 1959 adoptouse a primeira constitución republicana.

O 15 de outubro de 1963 as tropas francesas evacuaron Bizerte, a súa última base no país.

O 7 de novembro de 1987 o primeiro ministro Zina el-Abidina Ben Ali depuxo o presidente Bourguiba, xulgado por incapacidade de continuar as súas funcións.

O 14 de xaneiro de 2011 un levantamento popular depuxo o presidente Ben Ali e mandouno ao exilio a Arabia Saudita.

División admistrativa[editar | editar a fonte]

Provincias de Tunisia

Tunisia atópase dividida en 24 provincias:

  1. Ariana
  2. Béja
  3. Ben Arous
  4. Bizerte
  5. Gabès
  6. Gafsa
  7. Jendouba
  8. Kairouan
  9. Kasserine
  10. Kebili
  11. Kef
  12. Mahdia
  1. Manouba
  2. Medenine
  3. Monastir
  4. Nabeul
  5. Sfax
  6. Sidi Bou Zid
  7. Siliana
  8. Sousse
  9. Tataouine
  10. Tozeur
  11. Tunis
  12. Zaghouan

As provincias están divididas en 264 " delegacións" ou "distritos" (mutamadiyat), e subdivididos en municipios (shaykhats' ') e sectores (imadats).

Política[editar | editar a fonte]

Gobernantes dende 1957:

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Tunisia.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Tunisia.
  1. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. A Coruña: Galinova Editorial. ISBN 84-9737-041-4.