Tír na nÓg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tír na nÓg (en irlandés antigo: Tír inna n-Óc), chamada en inglés de Land of Eternal Youth ("Terra da Eterna Xuventude") ou Land of the Ever-Young ("Terra dos Sempre Xoves"), é o mais popular dos Outros Mundos da mitoloxía irlandesa, quizais máis coñecido polo mito de Oisín e Niamh do Cabelo Dourado. Foi onde os Tuatha Dé Danann ou sídhe se estableceron logo de abandonar a superficie de Irlanda, e foi visitado por algúns dos meirandes heroes irlandeses. Tír na nÓg é similar a outras terras míticas irlandeses tales coma Mag Mell e Ablach.

Características[editar | editar a fonte]

Tír na nÓg era considerado un lugar máis aló dos bordos do mapa situado nunha illa lonxe cara ao Oeste. Podría ser acadado por unha penosa viaxe ou unha invitación dunha das súas fadas residentes. A illa foi visitada por diversos heroes e os monxes irlandeses no echtrae (Aventura) e Immram (Viaxe), contos populares durante a Idade Media. Estoutro mundo era un lugar onde a enfermidade e a morte non existían. Era o lugar da eterna xuventude e a beleza. Aquí, a música, a forza, a vida, e tódalas actividades placenteiras uníronse nun só lugar. Aquí a ledicia durou sempre, ninguén pedía para comer ou beber. Era o equivalente irlandés do Elisio grego, ou o Valhalla da mitoloxía nórdica.

O Tír na nÓg desempeña un papel importante na historia de Oisín e Niamh. Para chegar a Tír na nÓg un aventureiro precisa da axuda dun guía no caso de Oisín, Niamh desempeña este papel. Viaxan xuntos nun cabalo máxico capaz de correr sobre a auga, ao Reino Bendecido e o heroe pasa algún tempo aló. Finalmente a nostalxia fai que Oisín quera regresar á súa terra natal. Queda desolado ao enterarse de que pasaran 300 anos en Irlanda dende que partira con Niamh. Vai á súa casa no cabalo máxico de Niamh, mais ela advírtelle de que non toque o chan, porque o peso de tódolos anos descendería sobre el nun momento. Cando Oisín axuda a dous homes a mover unha pedra, cae do cabalo e o peso dos anos caen de súpeto sobre el. Suxírese que Oisín caeu do cabalo na zona de Elphin, no Condado de Roscommon. Esta historia ten unha sorprendente similitude con moitos contos, entre eles o de Urashima Tarō.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]