Tíbet - བོད་
Tibet (བོད་ Bodo tibetano e Xizang 西藏 en chinés) designa tres entidades distintas:
- A Rexión autonoma do Tíbet (西藏自治区
Xīzàng zìzhìqū (Pinyin) བོད་རང་སྐྱོང་ལྗོངས་ Bod Rang Skyong Lbyongs) que é unha rexión administrativa da China cun estatuto particular, coma o Xinxiang ou Turkestan chinés, ou a Mongolia interior.
- a meseta do Tíbet, zona xeográfica situada ao norte do Himalaia, que se chama o «teito do mundo», formada de altas mesetas desérticas dominadas por potentes cadeas de oeste e (Kouen-louen, Trans-Himalaia).
- a zona de poboamento Tibetano, correspondente cunha area lingüística onde o tibetano é a lingua maioritariamente utilizada, así como unha área cultural cunha especificidade marcada, cunha relixión común: o lamaísmo, variante do budismo.
O nome occidental Tibet, vén do nome mongol Töbüt; non está ligado ao nome tibetano bode. En chinés, o nome antigo do Tíbet e Tufan 吐蕃 (incorrectamente pronunciado Tubo por moitos chineses), mais o nome actual da rexión Xizang 西藏 significa literalmente gTsang occidental, facendo referencia a esta rexión do Tíbet.
Índice |
Xeografía [editar]
Esténdese de leste a oeste sobre unha distancia de aproximadamente 2400 km, e do norte ao sur sobre aproximadamente 1000 km, a meseta do Tíbet sitúase entre as lonxitudes 78°24' e 104°47' e as latitudes 26°2' e 40°3' norte ao cerne do continente asiático. É un país xigantesco de aproximadamente 2,5 millóns de km² (ou sexa, 5 veces España) cunha altitude media de 4200 metros.
División Administrativa [editar]
Conta cunha prefectura de nivel de cidade: Lhasa e seis prefecturas.
| Mapa | # | Nome | Hanzi | Hanyu Pinyin | Idioma Tibetano | Wylie | Tipo |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Ngari | 阿里地区 | Ālǐ Dìqū | མངའ་རིས་ས་ཁུལ་ | Mnga'-ris Sa-khul | Prefectura | |
| 2 | Nagqu | 那曲地区 | Nàqū Dìqū | ནག་ཆུ་ས་ཁུལ་ | Nag-chu Sa-khul | Prefectura | |
| 3 | Qamdo | 昌都地区 | Chāngdū Dìqū | ཆབ་མདོ་ས་ཁུལ་ | Chab-mdo Sa-khul | Prefectura | |
| 4 | Xigazê | 日喀则地区 | Rìkāzé Dìqū | གཞིས་ཀ་རྩེ་ས་ཁུལ་ | Gzhis-ka-rtse Sa-khul | Prefectura | |
| 5 | Lhasa | 拉萨市 | Lāsà Shì | ལྷ་ས་གྲོང་ཁྱེར་ | Lha-sa Grong-khyer | Cidade con nivel de prefectura | |
| 6 | Shannan | 山南地区 | Shānnán Dìqū | ལྷོ་ཁ་ས་ཁུལ་ | Lho-kha Sa-khul | Prefectura | |
| 7 | Nyingchi | 林芝地区 | Línzhī Dìqū | ཉིང་ཁྲི་ས་ཁུལ་ | Nying-khri Sa-khul | Prefectura |
Extensión Xeográfica [editar]
A superficie do Tíbet varía segundo a acepción do termo de 1 221 600 km², pola rexión administrativa, a 2 500 000 km², o Tíbet histórico. Cóntanse 6 millóns de tibetanos dos mais de 7,5 millóns de chineses de implantación recente. A capital histórica é Lhassa, centro que tradicionalmente concentra a autoridade relixiosa e temporal do Tíbet.
Antes da súa unión á República Popular China no 1949, o Tíbet estaba gobernado por un Dalai Lama (xefe relixioso con poder secular) e estaba composto de tres rexións:
- dBus-Tsang (pronunciado [utsaŋ] en tibetano central), en chinés «Wei-Zang 卫藏», corresponde á rexión administrativa autónoma.
- Amdo, en chinés Anduo 安多 ao norte, facendo parte hoxe en día da provincia chinesa do Qinghai do Gansido e do norte do Sichuan (distrito de rNga-ba 阿坝).
- Khams, en chinés Kang 康, ao sueste facendo parte hoxe en día da rexión autónoma e de dúas provincias chinesas: o Yunnan e o Sichuan (distrito de dKar-mdzes 甘孜).
O Tíbet como area de poboamento dos tibetanos posúe fronteiras comúns co Turquestán Oriental, Mongolia, a China, Birmania, a India, Bután, e mailo Nepal.
Os tibetanos falan tibetano, unha lingua da familia tíbeto-birmana, e comparten unha relixión Budista, o lamaísmo, presente desde o século VIII e maioritario desde o século XI.
Historia [editar]
Antigo reino dos confíns e das montañas nevadas (himals, en nepalés), inaccesíbel e estratéxica entre o mundo chinés e o mundo indio, o Tíbet ten coñecido unha historia movida, interrompida por longos períodos de illamento.
No séc. VII unha monarquía estabeleceuse sobre o territorio do Tíbet actual, marcando o nacemento do Tíbet como entidade política unificada. A administración instálase en Lhassa. Desenvolvese unha escritura, inspirada no alfabeto indio devanagarî. No 670, os Tibetanos conquistan Tarim.
O Budismo, introducido no Tíbet no 747, convertese en relixión de Estado á fin do séc. VIII en concorrencia co bon-po, unha crenza tradicional fundada sobre a idea da transmigración das ánimas. Desenvólvense os mosteiros Budistas e forman a base do réxime feudal. Mais as disensións ao seo do clero facilitan a penetración dos Mongois, quen, xa donos dunha parte da China, obteñen a soberanía sobre o Tíbet no séc. XII. A seita dos Bonetes amarelos medra en influencia. No seu seo xorde o Dalai-lama, xefe relixioso e temporal do país.
En 1720, o Tíbet convertese en estado vasalo dos emperadores da dinastía manchú das Qing. En 1904, unha expedición militar conducida por lord Curzon chega a Lhassa. Gran Bretaña atribúese privilexios comerciais no Tíbet, que serán recoñecidos dous anos mais tarde polo emperador en contrapartida do mantemento da súa soberanía sobre o país. En 1908, os Británicos retíranse. En 1910, o Dalai-lama é destituído polos Chineses, xusto antes da queda do imperio no 1911. Atopa refuxio en India, antes de voltar a Lhassa en 1912. En 1924, o Panchen-lama, quen conservara o seu poder no Tíbet oriental, é obrigado a se refuxiar en Nankin. En 1929, a China acepta recoñecer a autoridade do Dalai-lama, mais obtén certas avantaxes en troques.
En 1949, a Exército Popular de Liberación invade o Tíbet que se converte nunha provincia da China, oficialmente gobernada polo Dalai-lama e o Panchen-lama. O poder central chinés ocúpase da defensa, dos asuntos estranxeiros, das finanzas e da educación.
No 1958 os autonomistas tibetanos opóñense ao poder central, o Dalai Lama refúxiase na India con 100 000 fieis e forma un goberno no exilio en 1959. No Tíbet, o Panchen-lama dirixiu o goberno, antes de ser destituído en 1965.
Os Chineses impoñen no 1961 a colectivización da economía tibetana. En 1966, a Revolución cultural tradúcese en represión anti-budista e de numerosos vestixios do pasado e da influencia relixiosa sobre os tibetanos son destruídos polos Gardas Vermellos.
Relacións entre a República Popular China e os Tibetanos [editar]
Os Tibetanos no exilio e os que están no seu país, ou que voltan de India e do Nepal, quéixanse a miúdo dunha perda da cultura propia e do feito que de numerosos chineses han, a etnia maioritario da China, veñen a se instalar dentro do seu país.
Economía [editar]
A economía do Tíbet é pouco desenvolta. As principais actividades son a crianza de ovellas, cabras e do iaks, o cultivo de cereais (dentro dos vales do Sur e do Sueste) e a explotación do bosque (no Sur). O turismo é posíbel hoxe en día e, aínda que limitado, representa unha parte importante da economía.
Recursos sobreexplotados [editar]
Cos seus numerosos recursos naturais, o Tíbet sofre as consecuencias dunha explotación comercial intensiva. O Tíbet e rico en minerais, ten reservas considerábeis de ouro, petróleo, gas natural, bauxita, cobre, estano e litio, que son ás veces extraídos sen consideración polo medio. O resultado diso reflíctese nos niveis alarmantes de contaminación que afectan a hidrografía, a atmosfera e os solos.
Medio ambiente [editar]
O Tíbet e incribelmente sensíbel e conten unha gran diversidade de hábitats, unha fauna e unha biodiversidade comparábeis á da selva amazónica, e das rexións climáticas esténdense da alta estepa glaciar ata os desertos das altas mesetas, aos bosques tropicais, e aos prados alpinos. O Tíbet é igualmente a fonte dos máis grandes ríos de Asia, como o Mekong, o Brahmaputra, o Yang-tse-kiang. Son alimentados por unha precipitación media de 100 m no norte do país ata mais de 1000 m no sueste.
Clima [editar]
A grande cobertura de vexetación inflúe tamén na terra e nas temperaturas atmosféricas que participan na regulación do monzón. A deforestación a tan grande escala entraña serias preocupacións entre os climatoloxistas, que coidan que o clima mundial pode quedar perigosamente desestabilizado.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||