Télex-Chile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Télex-Chile Comunicacións Telegráficas S.A. foi unha empresa de telecomunicacións presente en Chile que principalmente se dedicou ao servizo de telegrafía, os cales eran enviados a través dunha rede de Télex parecida á rede telefónica. Cando se masificou o servizo telefónico, tanto residencial como celular, e o uso de Internet en Chile, o servizo de telegramas diminuíu, extinguíndose a empresa. Actualmente só ten existencia legal pero xa non realiza a función primordial para a cal foi creada, o servizo de telegrafía.