Técnicas descritivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos textos literarios, por predominar o intuído sobre a impresión observada, son moi frecuentes as técnicas impresionista e expresionista.

O recoñecemento do impresionismo está en función da sensibilidade do lector, o cal ten que distinguir o contido e a súa mensaxe, a forma e os seus motivos. No impresionismo hai que deixar de ser mero lector e chegar a recrear, a ser coautor con personalidade e criterios propios da obra lida.
  • Expresionismo: É máis rico de contido significativo, menos plástico e máis analítico.
Prefire a abstracción de nomes concretos, usa neoloxismos, frases máis longas e o léxico é máis descritivo e intelectual ca sensorial.
O discurso ten maior fluidez e hai predominio da mente sobre a afectividade. Conxuga con maior facilidade a forma realista e a imaxinativa e dá ó lector máis desgranada a mensaxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]