Symbian

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Symbian é un sistema operativo creado para funcionar nos teléfonos móbiles "multimedia" con soporte para cámaras fotográficas MMS, wireless ou rede sen fíos, e bluetooth entre outras funcións.

Este sistema operativo está predominantemente baseado nun ambiente gráfico sinxelo. Actualmente emprégase na maioria dos recentes modelos de teléfonos móbiles dos grandes fabricantes.

Índice

[editar] Historia

Symbian é un consorcio de varias empresas, fundado en 1998 e en plena actividade ata o día de hoxe. Actualmente fan parte do consorcio as empresas Nokia, Siemens, Samsung, Ericsson, SonyEricsson e Panasonic. As empresas non pertencentes ao consorcio poden licenciar o sistema operativo para empregalo nos seus produtos, xa que ao ser un sistema totalmente modular, permite que cada empresa cree a súa propia interface.

[editar] Vantaxes

  • É un sistema operativo aberto e de baixo custo (En torno os 3 € por aparello)
  • Posúe recursos para xestionar e utilizar pouca batería e memoria
  • Permite a instalación de software de terceiros
  • Baséase en patróns de comunicación e datos.
  • Dispón de mecanismos que aseguran a transferencia e o almacenamento dos datos
  • Aproveita ben as áreas do aparello (Memoria RAM, microprocesador, procesador gráfico, etc.)

[editar] Plataforma para desenvolvemento

Symbian permite o desenvolvemento de aplicacións en diversas linguaxes de programación:

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas