Syberia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Syberia
Desenvolvedor(es)Microïds
Distribuidora(s)Francia Microïds
Microïds
The Adventure Company
Deseñador(es)Benoît Sokal
MotorVirtools Engine 2.1
Lanzamento9 de xaneiro de 2002
XéneroAventura gráfica
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
USK
Plataforma(s)Windows
PlayStation 2
Xbox
Windows Mobile
iOS
Nintendo DS
Android
OS X
Formato(s)2 CD-ROMs (WIN)
1 DVD (PS2), (Xbox)
Na rede
https://www.microids.com/game-syberia/
IMDB: tt0436810 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Syberia é unha videoxogo de aventura gráfica desenvolvido por Microïds en 2002. Creado polo debuxante de cómics Benoit Sokal, centra a acción do xogo en Kate Walker, unha avogada nova que traballa para unha compañía de xoguetes de Nova York. Ten unha secuela, Syberia II, lanzada no 2004.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Kate Walker, protagonista do xogo.

A acción comeza nos Alpes franceses onde Kate ten que se reunir con Anna Voralberg para tratar de mercarlle a súa fábrica pero morre antes da súa chegada polo que ten que busca-lo seu irmán, que leva desaparecido trinta anos, para consegui-la súa sinatura polo que debe percorre-lo mundo enteiro.

Acollida[editar | editar a fonte]

Vendas[editar | editar a fonte]

Syberia foi un éxito comercial.[1] Segundo Cedric Orvoine de Microïds, o xogo superou as 225 000 unidades vendidas en febreiro de 2003,[2] e acadou case 350.000 vendas globais nas súas versións para consola e ordenador en setembro.[3] En Francia, a "Agence française pour le jeu vidéo" informou que a versión para ordenador de Syberia vendera 50.000 unidades en setembro de 2003, antes do lanzamento das súas versións para consola. Microïds anunciou ese mes plans para enviar 50.000 e 20.000 unidades, respectivamente, das versións de PlayStation e Xbox en Francia.[4] En América do Norte, a súa versión para ordenador vendeu 60.158 copias no comercio retallista só durante 2003,[5] e Orvoine observou a principios de 2004 que a súa versión para Xbox estaba "vendendo moito máis que as nosas expectativas iniciais" na rexión.[6] Michel Bams, de White Birds Productions de Benoît Sokal, dixo que Syberia alcanzara "case 500.000 copias" nas vendas globais en febreiro,[7] un número que superou a finais de 2005, segundo Ubisoft.[1] Porén, Jane Jensen sinalou en 2004 que o xogo "non fora moi rendible" para The Adventure Company, o que, entre outros factores, levou á cancelación do seu proxecto Gray Matter.[8] Bill Tiller informou de vendas nos Estados Unidos que roldaban as 161.000 unidades ata 2006.[9]

As vendas mundiais da serie Syberia superaran o millón de unidades en 2008,[10] e ascenderon a 3 millóns en 2016, antes do lanzamento de Syberia 3.[11]

Recensións da crítica[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankingsPC: 82%[12]
XBOX: 73%[13]
MetacriticPC: 82/100[14]
XBOX: 72/100[15]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
Adventure Gamers4.5/5 estrelas[16]
GameSpot9.1/10[17]
GameZone9/10[18]
IGN7.1/10[19]

De acordo con The New York Times, Syberia "recibiu valoracións eufóricas" da crítica.[20] Baseándose en 26 recensións, o sitio Metacritic de recensións estimou a recepción crítica do xogo como "xeralmente favorable".[14]

USA Today chamou o xogo "unha elección sólida",[21] e CNN sinalou que "Syberia trae gráficos impresionantes do xénero de aventuras". Just Adventure chamouno o "Mellor xogo de aventuras no E3". Non obstante, recibiu unha crítica negativa de Charles Herold de The New York Times, quen escribiu que a súa "fe [nos xogos de aventuras] está pendente dun fío, porque estiven xogando a Syberia de Microid, o mellor xogo de aventuras do ano, e non é moi bo.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Ubisoft Takes Players to Paradise" (Nota de prensa). San Francisco: Ubisoft. 12 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2005. 
  2. "The Celebrity Corner; Interview with Microids". The Inventory (Just Adventure) (4): 7–19. febreiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2006. Consultado o 28 de outubro de 2006. 
  3. Manos, Dimitris (setembro de 2003). "Syberia Reloaded". The Inventory (Just Adventure) (8): 2–6. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2006. Consultado o 28 de outubro de 2006. 
  4. "Microïds annonce la sortie de Syberia sur Xbox et PS2" (en francés). Agence française pour le jeu vidéo. 17 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2003. 
  5. Sluganski, Randy (marzo de 2004). "Sales December 2003 – The State of Adventure Gaming". Just Adventure. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2004. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  6. Schneider, Jan (15 de xaneiro de 2004). "Interviews: Cédric Orvoine". Adventure-Treff. Arquivado dende o orixinal o 9 de marzo de 2005. Consultado o 22 de xullo de 2018. 
  7. "Interview with White Birds Productions". The Inventory (Just Adventure) (13): 6–10. marzo de 2004. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2006. Consultado o 28 de outubro de 2006. 
  8. "A JA WORLD EXCLUSIVE - JANE JENSEN ON GRAY MATTER, OBERON MEDIA & BOOBY TRAP - Article - Just Adventure - Reviews PC and PS2 Walkthroughs - Previews and Adventure News!". www.justadventure.com:80. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2004. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  9. "Archived copy" (PDF). www.adventurelantern.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 1 de agosto de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2022. 
  10. "Syberia Website" (Nota de prensa). GamesIndustry.biz. 24 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2008. 
  11. "E3 2016: Microids and Benoit Sokal Unveil Video of New Features in Syberia 3" (Nota de prensa). París: Gamasutra. 9 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2018. 
  12. "Syberia for PC". GameRankings. CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 2013-03-10. Consultado o 2018-07-14. 
  13. "Syberia for Xbox". GameRankings. CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 2018-07-14. 
  14. 14,0 14,1 "Syberia for PC Reviews". Metacritic. CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 2013-01-05. Consultado o 2013-03-30. 
  15. "Syberia for Xbox Reviews". Metacritic. CBS Interactive. Consultado o 2018-07-14. 
  16. "Syberia review". Adventure Gamers. 11 de agosto de 2002. Arquivado dende o orixinal o 2013-06-01. Consultado o 2013-03-30. 
  17. "Syberia review". Gamespot. Consultado o 2017-11-03. 
  18. "Syberia review". Gamezone. 4 de maio de 2012. Consultado o 2013-03-30. 
  19. "Syberia review". IGN. 10 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 2012-07-25. Consultado o 2013-03-30. 
  20. 20,0 20,1 Herold, Charles (5 de setembro de 2002). "GAME THEORY; A Streak of Glamour But a Lack of Lifeblood". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2011. 
  21. Saltzman, Marc (17 de agosto de 2002). "Gamers will beg to be sent to 'Syberia'". USATODAY.com. USA Today. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 26 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]