Sviatoslav I de Kiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sviatoslav I
Gran Príncipe de Kiev
Slav warrior from Solntsev book.jpg
Sviatoslav I o Bravo portando a vyshyvanka
Reinado 962 - 972
Nome completo Sviatoslav Igórevich
Nacemento 942
Kiev
Falecemento marzo de 972
Illa de Khórtisia, no Dniéper
(Rus' de Kiev)
Predecesor Ígor de Kiev
Sucesor Sviatopolk I
Consorte Predslava
Malusha
Descendencia Iaropolk (950-980)
Oleg Sviatóslavich (príncipe dos drevlianos) (?-977)
Vladímir I de Kiev (958-1015)
Dinastía Ruríkidas
Pai Ígor de Kiev
Nai Olga de Kiev

Sviatoslav Igorevich (en antigo eslavo oriental: С~тославъ / Свѧтославъ,[1] Игорєвичь, Sventoslavŭ / Svantoslavŭ Igorevičǐ; en ruso: Святослав Игоревич, Sviatoslav Igorevich; en ucraíno: Святослав Ігорович, Sviatoslav Ihorovych; en bielorruso: Святаслаў Ігаравіч, Sviatoslav Igaravich; en búlgaro Светослав}}, Svetoslav e en grego Σφενδοσθλάβος, Sphendosthlábos), tamén coñecido como Sviatoslav o Bravo, nado en 942 e finado en marzo de 972 na illa de Khórtisia no Dniéper, foi un príncipe varego da Rus' de Kiev, da dinastía dos ruríkidas , que reinou de 962 a 972.[2] [3]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

As fontes non mencionan nada sobre a súa infancia e os primeiros anos da sía vida, pero Sviatoslav, descrito polas fontes como pouco paciente, foi o primeiro dos líderes da Rus' de Kiev mencionado na Crónica de Néstor en lingua eslava, e non nas nórdicas, como o foron os seus antepasados.

O seu pai foi Ígor, Príncipe de Kiev asasinado por individuos da tribo dos drevlianos contra 945. A súa nai, Olga Prekrasa, a primeira dirixente da Rus' en facerse oficialmente cristiá, fe á que se converteu na corte de Bizancio de Constantino VII Porfiroxéneta, e que dirixiu o principado comno rexente até a maioría de idade de Sviatoslav, en 962.

O seu titor fou un varego chamado Asmud (que significa rápido como un leopardo). A tradición de ter un titor varego (vikingo) perdurou entre os xoves príncipes ruríkidas pretendentes ao trono de Kiev até o século XI.

Reinado[editar | editar a fonte]

Sviatoslav foi coñecido pola rapida expansión territorial (ao redor do Volga, da estepa póntica e dos Balcáns), e as súas campañas incessantes ao leste e ao sur que precipitaron a caída de dúas das máis grandes nacións da Europa do Leste, a dos kházaros e o primeiro Imperrio búlgaro, así como pola submisión de numerosas tribos eslavas orientais. Así mesmo, taménm combatiu cos alanos e co khanato búlgaro do Volga.[4]

Á fin da súa curta vida, Sviatoslav constituira un dos maiores Estados en Europa, trasladando a súa capital de Kiev (na actual Ucraína) a Pereyaslavets (na actual Bulgaria), no Danubio, en 969. En contraste coa conversión ao cristianismo da súa nai Olga (máis tarde chamada Santa Olga), Sviatoslav continuou toda a súa vida sendo un pagán convencido.

Entrou en guerra contra os kházaros en 964 (coñecidos desde moitos séculos antes como un dos pobos máis poderosos da Europa do Leste), e acabou por conquistar o curso inferior do Volga. As orixes do conflito entre Sviatoslav e os kházaros non son moi claras; algúns pensan que estaba nos intereses de Kiev para desfacerse da influencia dos kházaros, que controlaban parte da rota comercial do Volga, mentres que outros pensan que Bizancio incitara a Sviatoslav para atacar despois de que os kházaros entraran en conflito co emperador Romano I Lecapenp despois das persecucións dos xudeus.

A Rus' de Kiev ao comezo do reinado de Sviatoslav (en vermello), coa súa zona de influencia en 972 (en laranxa).

Despois de reducir aos kházaros ao rango de vasalos (así como aos viatichi,[5] ante os que se presentou, antes de pedirlles o seu sometemento, coa mensaxe "Eu chego cara a vós!", en eslavo antigo: хощю на вы ити.[6]), Sviatoslav entra de contado en campaña no Danubio en 967, onde derrotou aos búlgaros xunto co xeneral bizantino Nicéforo II Focas e matou ao seu rei. Estaba acompañado, ademais de polas súas tropas, por mercenarios oguzes[7] e pechenegos, sen dúbida para conter a poderosa cabalaría búlgara e kházara. Sviatoslav destruiu a cidade de Sarkel contra 965, e despois fixo o mesmo con Kerch, en Crimea, antes de destruír a capital kházara Itil contra 968 ou 969 (feitos mencionados nas obras do viaxeiro e cronista árabe Ibn Hawqal, do século X).

Liberou a continuación Kiev, asediada polos pechenegos, despois instálase en Bulgaria, avanza cara a Adrianópole (actual Edirne) e ameaza a Bizancio. Pero o emperador bizantino Xoán I Tzimisces anexionou a Bulgaria oriental e buscou aos rus' de Sviatoslav (reinstalando aos reis búlgaros), e forzándoo a pedir a paz (despois do sitio de Durostorum en 971).

Encontro entre Sviatoslav I e o emperador Xoán, por Klavdi Lébedev, segundo a descrición de Sviatoslav feita por León o Diácono.

A escena da entrega de Sviatoslav, na que este chega en barco canda o emperador, fíxose famosa. A aparencia física de Sviatoslav coñecémola grazas a este encontro, descrito polo cronista León o Diácono, que asistiu á reunión entre Svyatoslav e o emperador Xoán.

Segundo este cronista, Sviatoslav era un home musculado e vigoroso de estatura media, loiro e cos ollos azuis e moito máis imponente que Tzimisces. Tiña a barba e o cranio rasurado, aínda que levaba un longo bigote tupido e unha (ou dúas) chupryna (longa mecha cabelos atados), un signo de nobreza. Estaba vestido de branco e máis limpo que os seus homes, aínda que tiña moitas cousas en común con eles, e levaba tamén un pendente de ouro en forma de anel. Sviatoslav e os seus homes xuraron ante o emperador polos deuses Perún e Veles,[8] abandonar as terras (Sviatoslav mantíñase pagán aínda que a súa nai fora cristriana). Seguno a Crónica de Néstor, Sviatoslav cría que os seus guerreiros acabarían por perderlle o respecto e se burlarían del se se convertera ao cristianismo.

Temendo que a paz con Sviatoslav o Bravo non duraría, o emperador bizantino conspirou para matalo e aliouse co khan dos pechenegos, Kurya (mencionado na obra De Administrando Imperio). Sviatoslav finalmente morreu nunha emboscada preparada por estes últimos na illa de Khórtisia (no Dniéper). O seu vencedos (Kurya, guerreiro activo e audaz, vestido cunha pel de oso) fixo un hanap[9] co seu cranio.

Despois da súa morte, as fronteiras non se consolidaron e logo viñeron problemas de sucesión.

Posteridade[editar | editar a fonte]

Dos seus tres fillos, os dous lexítimos repatíronse o principado. Ao maior, Iaropolk I, correspondeulle Kiev, e ao segundo, Oleg Sviatóslavich os territorios conquistados aos drevlianos, dos que foi príncipe. A Vladímir I, bastardo concibido por unha servente, Maluxa, concedéronlle, a petición do pobo de Nóvgorod, a antiga capital do principado, o Principado de Nóvgorod.[10]

Familia[editar | editar a fonte]

Unións e descendentes[editar | editar a fonte]

As fontes diverxen sobre a vida faniliar de Sviatolav, pero o tratado ruso-bizantino de 945 menciona en principio como a súa muller a unha certa Predslava, nobre rusa e muller de Volodislav (de orixe húngara, segundo o historiador ruso Vassili Tatichtchev). Con ela tivo:

Con Malouxa, servente da súa nai, tivo:

A nai de Sviatoslav, Olga, pasea por Constantinopla co seu cortexo.
Miniatura do século XI.

O emperador bizantino Xoán I Tzimisces afirmou que cando coñeceu a Sviatoslav, que este ía acompañado por un fillo chamado Sfengus. Pero algunhas fontes din que Sfengus era en realidade fillo de Maluxa, que tivera nun matrimonio anterior.

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Rúrik
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Ígor de Kiev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Sviatoslav I de Kiev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Oleg o Sabio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Olga de Kiev
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Helena
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Galeria[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Olga
Gran Príncipe da Rus de Kiev

Rus de Kiev
962 - 972

Sucesor:
Iaropolk I

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "E.g. in the ''Primary Chronicle'' contra o ano 970 (Crónica de Néstor)". http://Litopys.org.ua/ipatlet/ipat04.htm. Consultado o 02-04-2014.
  2. "Svyatoslav I (prince of Kiev)". http://www.britannica.com/EBchecked/topic/576078/Svyatoslav-I. Consultado o 02-04-2014.
  3. "Vladimir I (grand prince of Kiev)". http://www.britannica.com/EBchecked/topic/631547/Vladimir-I. Consultado o 02-04-2014.
  4. Khazarian state and its role in the history of Eastern Europe and the Caucasus A. P. Novoseltsev, Moscova, Nauka, 1990.
  5. Pobo eslavo oriental que vivía na conca do Oca e que despois colonizara a de Moscova.
  6. Crónica de Néstor (ПСРЛ. — Т. 2. Ипатьевская летопись. — СПб., 1908, http://litopys.org.ua/ipatlet/ipat03.htm)
  7. Pobo turcomano da ribeira do mar Caspio.
  8. Marjorie Mandelstam Balzer (1992): Russian traditional culture: religion, gender, and customary law,
  9. Un hanap é un recipiente parar beber de orixe medieval.
  10. Bernard Féron, La Galerie des tsars, Éditions Noir sur Blanc 2004, p. 25.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sviatoslav I de Kiev Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barthold, W. (1996): "Khazar", en Encyclopaedia of Islam (Brill Online). Eds.: P. Bearman, Th. Bianquis, C. E. Bosworth, E. van Donzel and W.P. Heinrichs.
  • Christian, David (1998): History of Russia, Central Asia and Mongolia, Volume I: Inner Eurasia from Prehistory to the Mongol Empire. Oxforf and Malden, Mass.: Blackewell Publishers. ISBN 978-0-631-20814-3. PDF.
  • Cross, S. H. & O. P. Sherbowitz-Wetzor (1953): The Russian Primary Chronicle: Laurentian Text. Cambridge, Mass.: Medieval Academy of America.
  • Dunlop, D. M. (1954): History of the Jewish Khazars. Princeton Univ. Press.
  • Franklin, Simon & Jonathan Shepard (1996): The Emergence of Rus 750-1200. London: Longman. ISBN 0-582-49091-X.
  • Kendrick, Thomas D. (2004): A History of the Vikings. Courier Dover Publications. ISBN 0-486-43396-X.
  • Logan, Donald F. (1992): The Vikings in History 2nd ed. Routledge. ISBN 0-415-08396-6.

Outros artigos[editar | editar a fonte]