SVG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Svg»)
Logo oficial do formato de ficheiro SVG.

SVG (do inglés Scalable Vector Graphics, "Gráficos Vectoriais Escalábeis") é unha linguaxe XML que describe gráficos vectoriais bidimensionais, tanto estáticos como animados. Unha das características principais dos gráficos vectoriais é que non perden calidade ao seren ampliados. A grande diferenza entre o SVG e outros formatos vectoriais é que se trata dun estándar aberto creado polo Consorcio da Rede Mundial.

A creación deste formato baseouse noutros xa existentes e que inclúen CSS, DOM, JPEG, PNG, SMIL e XML.

Descrición[editar | editar a fonte]

A imaxe ilustra a diferente entre as imaxes de mapa de bits e as vectoriais. A imaxe vectorial pódese aumentar indefinidamente sen perda de calidade, mentres que a de bits non.

O formato SVG permite tres tipos de obxectos gráficos:

  • Formas xeométricas vectoriais (isto é, liñas e curvas descritas matematicamente, ao contrario das imaxes de mapas de bits, que están compostas por píxeles.
  • Imaxes de mapas de bits.
  • Texto

As imaxes en formato SVG poden ser comprimidas en gzip sen perda de datos, dado que o XML contén moitos datos redundantes, sendo mesmo así que o formato SVG é habitualmente menor que a versión en mapa de bits.

Programas para editar gráficos SVG[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]