Suur Tõll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suur Tõll

Suur Tõll é un crebaxeos de vapor estonio construído en Stettin en 1914 por orde da Vulcan-Werke, conta con 4.579 toneladas de rexistro, 74.4 metros de lonxitude, 17.5 de altura e 6.8 de largo, a súa potencia é de 5800 HP. Entre 1914 e 1917 recibiu o nome de Tsar Mikhail Fiodorovich. En 1917 cambiou o seu nome a Volynets que mantivo ata que en 1918 foi rebautizado en Nainämöinen, nesa época foi capturado polas forzas finlandesas en loita contra o exército vermello, devolto ás autoridades estonias como consecuencia do Tratado de Paz de Tartu recibiu o nome de Wäinämöinen ata 1922, ano no cal recibiu o seu actual nome. En 1941 logo da invasión soviética pasou á frota soviética do Báltico co nome de Volynets.

En 1992 tras a recuperación da independencia estonia o Suur Tõll inscribiuse co número OO1 no Rexistro Naval de Estonia. Na actualidade funciona como museo no porto de Talín.