Suspensión da incredulidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Suspensión da incredulidade ou suspensión voluntaria da incredulidade refírese á vontade do lector ou espectador de aceptar como verdadeiras as premisas dun traballo de ficción, incluso inda que estas sexan fantásticas, imposíbeis ou contradictorias. É a suspensión da análise crítica en troques da premisa de entretemento. O termo aplícase tradicionalmente na literatura, o teatro ou o cinema, inda que tamén se pode aplicar nos videoxogos.

A idea atópase na introducción do libro Historia verdadeira, do poeta satírico Luciano de Samosata, na que, despois de mencionar a varios autores que contaron mentiras, remata dicindo que el tamén é un mentireiro e pide humildemente ao lector a súa incredulidade.[1]

A expresión foi acuñada en 1817 polo poeta inglés Samuel Taylor Coleridge.

Notas[editar | editar a fonte]