Suso Moure

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suso Moure
Información persoal
Nome Jesús Moure Vieiro
Nacemento 26 de agosto de 1961
Lugar de nacemento Santiago de Compostela
Posición Dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1991–1995 Compostela 115 (22)
Adestrador
2005–2006 Estradense
2008–2010 Cerceda
2010–2011 Santiago de Compostela
2011–2013 Grixoa
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jesús 'Suso' Moure Vieiro, nado en Santiago de Compostela o 26 de agosto de 1961, é un exfutbolista galego e actual adestrador de fútbol. Xogaba de Dianteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Foi xogador da SD Compostela entre 1991 e 1995, conseguindo debutar en Primeira División co club santiagués na tempada 1994–95, na que participou en 18 partidos e anotou 2 goles.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Na tempada 2005–06 foi adestrador do CD Estradense da Preferente Autonómica.[1]

Dirixiu ao CCD Cerceda en Terceira nas tempadas 2008/09 e 2009/10, sendo despedido na última delas en maio pese a estar 2°clasificado a falta dun partido para a eliminatoria de ascenso a Segunda División B,[2] sendo substituído por Nacho.[3]

En novembro de 2010 anunciouse a Moure como substituto de Tono Ínsua no Santiago de Compostela CF, de Preferente Autonómica, para a tempada 2010–11.[4]

No verán de 2011 anunciouse a súa contratación polo SD Grixoa da Preferente Autonómica, en substitución de Chus Baleato. Na súa segunda tempada conseguiu o ascenso a Terceira. En novembro de 2013 foi destituído despois de non sumar ningunha vitoria nos primeiros 12 encontros de Terceira.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""Suso Moure se muestra satisfecho con la competitividad de su equipo"". Arquivado dende o orixinal o 12/03/2016. Consultado o 10/08/2011. 
  2. ""Destituido Moure como entrenador en el Cerceda"". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2011. 
  3. ""Nacho toma el relevo de Suso Moure en el Cerceda"". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2011. 
  4. ""Suso Moure será el relevo de Tono en el Santiago"". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 10 de agosto de 2011. 
  5. "«En el fútbol la cuerda siempre rompe por el entrenador»". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de novembro de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]