Susi Susanti
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Bádminton | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | Barcelona 1992 | Individual feminino | |
| Bronce | Atlanta 1996 | Individual feminino | |
| Campionatos mundiais | |||
| Bronce | Copenhaguen 1991 | Individual feminino | |
| Ouro | Birmingham 1993 | Individual feminino | |
| Bronce | Lausana 1995 | Individual feminino | |
Lucía Francisca Susi Susanti Haditono (chinés: 王蓮香, pinyin: Wang Lian-xiang, nada en Tasikmalaya, Xava Occidental, Indonesia, o 11 de febreiro de 1971), coñecida simplemente como Susi Susanti, foi unha xogadora de bádminton.
Considérase a mellor xogadora de bádminton de Indonesia, foi a máxima dominadora do individual feminino a principios dos anos 90. Conseguiu a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, así como a medalla de bronce nos de Atlanta 1996. Tamén se proclamou campioa do mundo en Birmingham no 1993; gañou o All England en 4 ocasións, 1990, 1991, 1993 e 1994, e os World Grand Prix dende 1990 até 1994. Ademais axudou ao equipo de Indonesia a gañar a Uber Cup no 1994 e o 1996.
Está casada con Alan Budikusuma, tamén campión olímpico en Barcelona.