Susanna Griso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusanna Griso

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Susanna Griso i Raventós Editar o valor em Wikidata
8 de outubro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultat de Ciències de la Comunicació - Q43236300 Traducir (1987–1991) Editar o valor em Wikidata
Altura177,5 cm Editar o valor em Wikidata
Peso64 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCoffee (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloLouro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de novas , presentadora de televisión , locutor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorAtresmedia (1998–)
RTVE (1997–1998)
Corporació Catalana de Mitjans Audiovisuals (1992–1997)
Ràdio Sant Cugat (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1446961 Twitter: susannagriso Instagram: susannagrisooficial Editar o valor em Wikidata

Susanna Griso Raventós, nada en Barcelona o 8 de outubro de 1969, é unha xornalista e presentadora de televisión catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona en 1992, Susanna Griso comezou a súa carreira profesional dous anos antes en Catalunya Ràdio. En 1995, presentou en TV3 o informativo "Telenotícies" e o programa especial "Resumen de l'any". En TVE en Cataluña encargouse de presentar o informativo de mediodía.

Chegou a Antena 3 en setembro de 1998 para presentar xunto a Matías Prats Luque a primeira edición de Antena 3 Noticias e, posteriormente pasou a conducir Antena 3 Noticias 2.

En maio de 2006 volveu a presentar a primeira edición de Noticias da canle, nesta ocasión xunto a Roberto Arce, acadando o liderado de audiencia nesa franxa horaria. Isto, xunto cos éxitos aplastantes da edición nocturna de Matías Prats e as noticias de Fin de Semana de Lourdes Maldonado, fixo que Antena 3 Noticias sexa, en tódalas súas edicións, o equipo máis forte e as noticias máis vistas, sendo a única canle privada europea cuxa audiencia nos seus informativos é superior á do principal canle público (TVE en España).

O 11 de decembro de 2006 comeza a conducir o renovado espazo Espejo público, no que se abordan temas de actualidade, crónica social, saúde, nutrición, autoaxuda, entrevistas, un cara a cara e reportaxes. Conta con colaboradores como Alfredo Urdaci, Juan Pedro Valentín, Pilar Cernuda, Miguel Primo de Rivera Oriol, Lucía Etxebarría ou Julián Contreras Jr. Lydia Balenciaga é a encargada do set informativo do programa, e Alberto Herrera ocúpase da información meteorolóxica. Ademais Espejo público abre cada mañá unha fiestra a un pobo español a través de conexións en directo cos seus reporteiros.

Foi nomeada ó TP de Ouro de 2003 como Mellor Presentadora de programa Informativo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]