Susana Vázquez Dorado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Susana Vázquez Dorado é unha política galega do PPdeG.
[editar] Traxectoria
Tras as Eleccións Municipais do 2003 e despois de 18 anos de goberno do Partido Popular presidido por Salvador González Diz, Susana Vázquez Dorado (única concelleira do PSdeG-PSOE) accedeu á alcaldía de Porqueira co apoio dos catro concelleiros do PPdeG, logo de incumprir un acordo entre o seu partido e o BNG (ó que lle faltaron 14 votos para alcanzala maioría absoluta). Poucos días despois foi expulsada do PSOE e denunciada por corrupción e intento de suborno. Nas Eleccións Municipais do 2007 presentouse polo PPdeG obtendo a maioría absoluta. Nas Eleccións Municipais do 2011 volveu ser elixida alcaldesa polo PPdeG con maioría absoluta.
| Predecesor: Salvador González Diz |
Alcaldesa de Porqueira 2003 - actualidade |
Sucesor: no cargo |