Susana Quintás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSusana Quintás
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Susana Teresa Quintás Veloso, nada en 1969, é unha economista e empresaria galega. Tivo unha longa traxectoria en banca como DIrectora Xeral do Banco Pastor e logo como primeira Subdirectora Xeral do Banco Popular e outros cargos no Banco de Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Quintás licenciouse en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela e converteuse en auditora do Rexistro Oficial de Auditores de Contas. Posteriormente ingresou na consultoría Deloitte[1] e en 1996 pasou a formar parte do Banco Pastor.

De 1998 a 2002 fíxose cargo da xestión do Instituto de Estudos Económicos de Galicia da Fundación Barrié. Logo entrou a formar parte da dirección do banco como encargada de planificación, control de xestión e relacións con investidores e analistas. En decembro de 2007 foi nomeada subdirectora xeral da entidade, e a finais de setembro de 2011 accedeu á dirección xeral do banco[2], días antes de que se anunciase a OPA do Banco Popular sobre ata daquela entidade galega. Como Subidrectora Xeral de Banco Popular, foi responsable de múltiples proxectos de transformación incluída a dixital de todo o mundo de recuperaciones e inmobiliario e liderou varios proxectos de intelixencia artificial. Como experta en Goberno Corporativo, en 2021, foi Directora do Programa de Goberno corporativo da empresa familiar que se imparte en EF Business School A Coruña.[1][3]

Cando o Banco Popular foi adquirido polo Banco Santander, foi nomeada Directoria de Desenvolvemento de Negocio e levou, en 2017, a carteira máis grande do mundo, chamada Quasar con 30 000 millóns de euros en activos tóxicos.[4][5]

Foi conselleira en varias empresas como a coñecida 4B, Aliseda SGI, Euroautomatich Cash e Universal Pay[4] e se converteu en experta en goberno corporativo e transformación dixital. Dende 2020, traballa como directora de Metricus, unha proptec británica con presenza global.[1]

É unha referente galega na Asociación Executivas de Galicia[4] e colaborou en columnas e artigos de diversos medios como La Voz de Galicia[6] ou El Economista.[7]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É filla de Juan Ramón Quintás, empresario e banqueiro galego, que foi expresidente da Confederación Española de Caixas de Aforros (CECA).[5] Está casada e ten dous fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cuba, Ana F. (26 de setembro de 2021). "Susana Quintás: «La empresa familiar parte con ventaja en sostenibilidad»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  2. CV de Susana Quintás Arquivado 20 de febreiro de 2012 en Wayback Machine., na web do Banco Pastor.
  3. Suárez, Alba (13 de xuño de 2021). "Una UCI para la empresa familiar". laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Susana Quintás Veloso". executivasdegalicia.org (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Redacción (12 de setembro de 2018). "Ana Botín coloca a la gallega Susana Quintás al frente del ladrillo del Santander". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  6. "Artigos de Susana Quintás". .lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021. 
  7. "Artigos de Susana Quintás". eleconomista.es (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]