Susana Fortes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Susana Fortes López, nada en Pontevedra en 1959, é unha escritora e xornalista española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en Historia de América pola Universidade de Barcelona, combina a súa paixón pola novela co traballo como profesora de ensino medio en Valencia. Deu clases de español e conferencias en Estados Unidos (Luisiana e California).

É autora de diversas novelas, entre elas El amante albanés, coa que quedou finalista do Premio Planeta na súa edición de 2003. A súa obra caracterízase por bordear a novela policíaca. Tamén é articulista en diversos medios relacionados coa literatura e o cine, ó que considera moi vinculada a súa obra «é coma se tivera interiorizada a sintaxe do cine na literatura».[1]

Na actualidade, queren levar ao cine a película "Esperando a Robert Capa", baseada no seu libro.

Obras[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É filla do escritor Xosé Fortes Bouzán e irmá do xornalista Xabier Fortes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Presentación da novela El azar de Lara Ulloa, marzo de 2006.
  2. Quattrocento
  3. Susana Fortes gana el Premio Fernando Lara de Novela