Surtsey
| Surtsey | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
[[]] |
|||||
| Datos | |||||
| Capital | |||||
| País | Islandia | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (2007) | Deshabitada | ||||
| Superficie | 1´4 km² | ||||
| Densidade | |||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 63°18′10.8″N 20°36′16.92″W / 63.303°N 20.6047°W | ||||
| Maior Altura | 154 m. | ||||
Surtsey (Islandés: "Illa de Surtur") é unha illa volcánica da costa sur de Islandia. As súas coordenadas son 63.30 N e 20.62 O, a illa constitúe o punto máis meridional de Islandia. A illa formouse nunha erupción volcánica que comezou a 130 metros por debaixo do nivel do mar, chegando á superficie o 14 de novembro de 1963. A erupción volcánica rematou o 5 de xuño de 1967, cando a illa chegou á súa máxima superficie, 2,7 km². Dende aquela, o vento e a erosión mariña diminuíron a superficie da illa sendo no 2002 de 1.4 km².[1]
A illa de Surtsey tomou o seu nome do deus do lume Surtr da Mitoloxía nórdica, e foi intensamente estudada por volcanólogos durante a súa creación. Dende o remate da erupción, a illa converteuse nunha interesante zona de estudo para os botánicos e biólogos ao comezares a súa colonización por parte vexetación e outras especies animais. A dorsal que deu lugar á illa forma parte do sistema volcánico submarino das Vestmannaeyjar (Illas Westmann), as cales pertencen a unha fenda da Dorsal Mesoatlántica. Vestmannaeyjar tamén deu lugar á famosa erupción do Eldfell na illa Heimaey en 1973. A erupción que creou Surtsey tamén deu orixe a un conxunto de pequenas illas na chaira volcánica, como Jólnir e outros farallóns sen nome. A maioría destas pequenas illas e farallóns están a desaparecer pola erosión mariña.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- All you need to know about Westman Islands(Vestmannaeyjar)
- Fotografías aéreas e mapas de Surtsey.
- Topografía de Surtsey
- Páxina oficial da Illa de Surtsey
- Noticia da axencia do medio ambiente declarando a Surtsey espazo protexido.
- www.zen24203.zen.co.uk/surtsey
- Información sobre as plantes e os animais da illa