Suricata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suricata
Meerkat (Suricata suricatta).jpg
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Familia: Herpestidae
Xénero: Suricata
Desmarest, 1804
Especie: ''S. suricatta''
Nome binomial
''Suricata suricatta''
(Schreber, 1776)
Distribución do suricata

Distribución do suricata
Meerkat portrait, Zoo, Budapest.jpg
Melbourne Zoo meerkats.jpg

O suricata (Suricata suricatta) é un pequeno mamífero da familia dos herpéstidos.

Características[editar | editar a fonte]

O seu corpo mide entre 25 e 30 cm máis un rabo duns 20 a 24 cm, o seu peso medio varía entre 730 gramos nos machos e 720 nas femias, aínda que hai exemplares que poden chegar aos 970 gramos. A pelaxe é xeralmente gris acastañada, ás veces castaña avermellada, o rabo é castaño escuro no cabo.

Distribución[editar | editar a fonte]

Distribución do suricata.

O suricata habita no deserto do Kalahari e en chairas secas de Sudáfrica, Namibia, Botswana e unha pequena zona de Angola.

Costumes[editar | editar a fonte]

Debido a que se desenvolve en zonas con escasa ou nula vexetación pode enxergar os depredadores de lonxe, vivindo en túneles subterráneos, alimentándose de insectos e outros pequenos animais así como de tubérculos e bulbos de plantas. Os suricatas viven en grupo, cada colonia pode consistir de vinte ou trinta membros, mentres os suricatas procuran comida ou mesmo descansa no exterior sempre hai un deles que permanece de vixía, poñéndose de pé, apoiado nas súas patas traseiras, á esculca de predadores coa misión de avisar ao resto de detectar perigo. Cada colonia conta cun macho e unha femia dominante, que son lixeiramente maiores que o resto. Só o macho dominante copula coas femias. A xestación dura de 70 a 77 días, normalmente paren de 2 a 4 crías, ás veces cinco, alimentándose do leite materno durante 4 ou 6 semanas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Suricata Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]