Surf-casting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
pesca desde a praia.

O surf-casting é unha modalidade de pesca deportiva ou de afección, consistente na pesca con cana de pesca que se realiza dende a beira da praia. É unha forma de pesca moi coñecida e relaxante, excepto cando é de competición.

Características[editar | editar a fonte]

O termo surf-casting ("lanzando á ondada") procede do inglés. En galego debería chamarse a esta modalidade, pesca de lanzado aínda que se adquire a forma inglesa para diferenciala doutras modalidades. A variedade máis estendida é o surf-casting, pero se se realiza dende dique ou peirao ou en praias sen ondada, sempre e cando o fondo sexa de tipo areoso, o surf casting mutou noutra variedade na cal non se emprega o lanzado pesado senón que se usa un chumbo máis lixeiro e denominase surf-fishing.

Este tipo de pesca pode ser moi tranquilo e relaxante, pero tamén se practica de maneira deportiva orientada a competición, onde as condicións climatolóxicas, e as propias características desta pesca, poden convertela nunha disciplina bastante dura e esgotadora. Vese recompensada con grandes capturas, que poden chegar a pesar varios kg na maioría das especies. Nesta modalidade, é moi cotizada a robaliza, o sargo, a dourada e outras moitas preciadas especies.

Pode ser practicada case en calquera condición, indistintamente da hora ou das condicións climatolóxicas, aínda que hai surf-casters que encontran o seu maior atractivo practicándoa pola noite, e con mal tempo.

O material usado consiste nunha cana de pescar, preferiblemente de 3 tramos encanables, un chumbo de entre 80 e 130 gramos, e unha cameta ou anzol atado a un cabo de liña máis frouxo có da liña principal, que é onde se coloca o cebo adecuado para o peixe que se queira pescar. Actualmente, estase comezando a usar bastante a cana telescópica, debido a súa comodidade, e a que cada vez se asemella moito máis as características das canas por tramos.

Elementos[editar | editar a fonte]

  • Cana - Preferiblemente de carbono, de 3 tramos enchufables e cunha "acción de pesca" (por acción denomínase a capacidade mínima e máxima de lance dunha cana de lanzado expresada en peso) de entre 80 e 350 gramos.

Se é de acción de entre 80 e 200 gramos máis ou menos, entra na categoría do lance lixeiro, e se é de entre 120 e 300 gramos, denomínase de lance pesado.

  • Chumbos- Son os encargados de colocar o noso cebo no lugar adecuado. Os máis usuais son os de entre 80 e 130 gramos.
  • Aparello ou baixo de liña- É da montaxe de fíos e útiles onde irá instalado o anzol e a chumbada. Hainos moi simples e máis complexos, segundo o grao de coñecemento da disciplina. Cada tipo de baixo de liña adáptase a unha situación, e tamén vai en función da presa buscada.
  • Anzol- É o encargado de cravar o peixe, polo tanto é onde temos que poñer o cebo. Especial mención a zona do anzol que cumpre a función de evitar que o peixe se solte unha vez cravado, ó cal denominamos 'morte' e se compón dun saínte de metal en dirección oposta a da picada do peixe.
  • Cebo - É a carnada que poñemos para atraer o peixe ao noso anzol. Hainas de moitos tipos, sendo a clasificación máis importante entre natural e artificial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]