Supershitty to the Max!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Supershitty to the Max!
Álbum de The Hellacopters
Gravaciónfebreiro de 1996
Estudio(s)Sunlight Studios, Estocolmo
Duración57:11
Xénero(s)garage rock, punk rock, garage punk
Selo(s)White Jazz Records, Toys Factory, Man's Ruin Records
Producido porTomas Skogsberg
Cronoloxía
- Supershitty to the Max! Payin' the Dues

Supershitty to the Max! é o álbum de estrea da banda sueca de garage rock The Hellacopters, editado o 1 de xuño de 1996. O disco foi gravado en só 26 horas no mes de febreiro de 1996 nos Sunlight Studios de Estocolmo.

Inicialmente lanzouse unha edición de 500 copias en vinilo, seguida dúas semanas máis tarde pola versión en CD. Unha segunda edición en vinilo estivo dispoñible en 1997 con 1.500 unidades en cor branca, mentres que o selo Toys Factory publicou o disco no Xapón cunha versión do tema de Misfits "Bullet" como canción extra.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por The Hellacopters.

N.º Título Duración
1. "(Gotta Get Some Action) NOW!"   3:16
2. "24h Hell"   1:33
3. "Fire, Fire, Fire"   1:31
4. "Born Broke"   4:13
5. "Bore Me"   3:18
6. "Tab"   5:34
7. "How Could I Care"   3:52
8. "Didn't Stop Us"   1:46
9. "Random Riot"   1:44
10. "Fake Baby"   2:59
11. "Ain't No Time"   2:56
12. "Such a Blast"   2:13
13. "Spock in My Rocket"   22:16

Na versión en vinilo aparece a canción extra "It's Too Late" no corte 6.