Superlópez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Superlópez é o título que engloba unha serie de historietas protagonizada polo personaxe homónimo, creado en 1973 polo debuxante español Juan López Fernández, máis coñecido polo seu alias, «Jan».[1][2]

Historia e características[editar | editar a fonte]

O seu creador, Fernández, ocupouse do seu desenvolvemento dende o primeiro, coa excepción dos guións iniciais —entre os que destacan os escritos por Efepé[3] e o do álbum Otra vez el supergrupo —realizado en 2013 con motivo do 40 aniversario e con guión pertencente de novo a Efepé—. O personaxe, deseñado inicialmente para unha monografía de humor gráfico da editorial Euredit,[2] constituíu o último éxito de Bruguera (a popularidade de Superlópez só foi superada por Mortadelo e Filemón[4]), aínda que se desligou do estilo propio da editorial.[4] Máis tarde, Ediciones B fíxose cargo da publicación das historietas, aínda que a serie recibe usualmente a crítica de ter descendido en calidade dende as súas primeiras entregas.[4][5]

Nacida como unha parodia de Superman,[2][6] acabou converténdose nun vehículo do seu debuxante para abordar multitude de temas. Mentres que nas primeiras entregas se atopa máis presente o compoñente paródico, cun humor disparatado, máis adiante a serie adquire unha maior profundidade, coa intención de crear varios niveis de lectura ao incluír unha maior carga social.

É habitual que as historietas traten temas de actualidade, así como que estean fielmente representadas en contornas realistas, froito do carácter observador e detallista do seu creador e do seu empeño por documentarse minuciosamente.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fraile Vieyto, David (24 de marzo). "El coleccionista de tebeos: Superlópez y Jan". Consultado o 15 de outubro de 2008. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Amor, Pablo (7 de xuño de 2003). "Diario La Nueva España. Entrevista con Jan.". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2003. Consultado o 15 de outubro de 2008. 
  3. Guiral (2008), p. 267
  4. 4,0 4,1 4,2 Aguilera y Díaz (1989), p. 293.
  5. Cuadrado (2000), p. 1197.
  6. Docolomansky Cerda, Cristian (30 de xaneiro de 2010). doscafesyunamesa.com, ed. "20 Preguntas con Jan". doscafesyunamesa.com. Chile. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2011. Consultado o 3 de marzo de 2011. 
  7. Fraile Vieyto, David (marzo de 2009). "Entrevista a JAN por su 70 aniversario". Consultado o 17 de abril de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]