Super Bock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Painel em Luanda, Angola.

Super Bock é unha compañía cervexeira portuguesa propiedade da empresa Unicer. Foi lanzada en 1927[1]. Actualmente lidera, xunto co seu principal competidor Sagres, o mercado cervexeiro portugués, representando ámbalas dúas marcas o 89.5% do mercado luso.[2]

Cervexas[editar | editar a fonte]

Nunha estratexia de diversificación de sabores da marca, Super Bock lanzou nos últimos anos, unha nova e variada gama de produtos:

  • Super Bock: cervexa branca que conta con 35 medallas (28 de ouro consecutivas) no Monde Selection de la Qualité. Ten un aroma lixeiramente afroitado e sabor suave e lixeiramente amargo. Ten unha gradación alcohólica de 5,2 graos.
  • Super Bock Cool: cervexa con menos alcohol e fácil de abrir.
  • Super Bock Stout: cervexa negra elaborada con maltes especiais. Ten un aroma suave, caramelizado e lixeiramente afroitado. O seu sabor é entre amargo e suave, lixeiramente tostado de malte. Ten un 5,0 % de alcohol.
  • Super Bock Green: cervexa enriquecida cun 1 % de zume de limón. Destaca o aroma a limón e ten un sabor lixeiramente doce cun pouco de limón. Ten un baixo volume alcohólico, cun 4,0 %.
  • Super Bock Abadia: cervexa con fermentación extra e cor rubí, máis escura. O seu aroma é máis forte e con corpo a malte e caramelo, mentres que o seu sabor é pouco amargo e doce. A súa gradación é de 6,4 graos.
  • Super Bock Abadia Rubí: cervexa gourmet pensada para acompañar platos de carne. Cor rubí. O seu aroma ten notas de malte e caramelo e o seu sabor é suave e redondo na boca e cun final lixeiramente doce. Ten 6,8 graos.
  • Super Bock Abadia Gold: cervexa de gourmet seca e afroitada, suave e pouco amarga, está pensada para acompañar os platos de peixe. Cervexa de fermentación completa, sen deixar azúcares ao final do proceso. Ten un aroma exuberante e afroitado, mentres que o seu sabor é suave e pouco amargo, pouco doce e cunha lixeira acidez. Ten un 6,8 % de alcohol.
  • Super Bock XpresS em Garrafa: cervexa en botella elaborada coa mesma fórmula e proceso que a Super Bock de barril. Ten un aroma lixeiramente esterificado, afroitada, con corpo e cun amargor equilibrado. O seu sabor é lixeiro e refrescante. Ten un 4,9 % de alcohol.
  • Super Bock sem Álcool Pilsener: cervexa totalmente fermentada, o alcohol é retirado ao final da elaboración mediante un proceso físico. Ten a metade de calorías que unha cervexa normal. O seu aroma é igual ao de calquera cervex con alcohol e o seu sabor é suave e moderadamente amargo.
  • Super Bock sem Álcool Preta: cervexa sen alcohol negra e coa metade de calorías. Ten un aroma suave, caramelizado e lixeiramente afroitado e o seu sabor é doce e lixeiro. O seu volume de alcohol é inferior ao 0,5 %.
  • Super Bock sem Álcool Limão: cervexa con sabor a limón cun 0,0 % de alcohol e baixa en calorías. Doce e suave na boca e lixeira acidez.
  • Super Bock Tango: cervexa con grosella.
  • Super Bock Twin: cervexa sen alcohol.

Patrocinio[editar | editar a fonte]

Super Bock dinamizou o panorama dos Festivais de Verán en Portugal co lançamento do "Super Bock Super Rock" en 1995, festival que atrae, dende o seu inicio a algunhas das bandas de prestixio e intérpretes a solo, a Portugal, espallándose polos palcos lusos e doutros puntos da Península Ibérica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marcos Históricos (sitio oficial), [1]
  2. Axencia Financeira, 02/03/2009: «Sagres» começa 2009 a ultrapassar «Super Bock»

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]