Sundiata Gaines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sundiata Gaines
Axente libre
Posición Base
Información persoal
Nacemento 18 de abril de 1986 (37 anos)
Queens (Nova York)
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Información da carreira
Instituto Archbishop Molloy High School
Universidade Georgia (2004–2008)
Carreira dende 2008
Historial de equipos
NGC Cantù (2008−2009)
Idaho Stampede (2009−2010)
Utah Jazz (2010)
Minnesota Timberwolves (2010−2011)
Toronto Raptors (2011)
New Jersey Nets (2011−2012)
BC Armia Tbilsi (2011)
Fujian Xunxing (2012−2013)
Beşiktaş (2013−2014)
Reno Bighorns (2014)
Guaiqueríes de Margarita (2014)
Sidigas Avellino (2014−2015)

Sundiata Kofi Gaines, nado en Queens (Nova York) o 18 de abril de 1986, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre..

NBA[editar | editar a fonte]

Gaines asinou polos Utah Jazz o 5 de xaneiro de 2010. Antes de xogar nos Jazz, acadou 23.9 puntos e 6.9 asistencias en 14 partidos cos Idaho Stampede da NBA Development League. Ademais, xogou tamén coma profesional en Italia, no Pallacanestro Cantù.[1]

O 14 de xaneiro de 2010, no seu quinto partido na NBA, e con só unha práctica cos Jazz, Gaines anotou unha tripla sobre a bucina para dar a vitoria a Utah por 97-96 contra os Cleveland Cavaliers.[2] Foi a primeira tripla na súa carreira na NBA.[3]

O 11 de novembro de 2010, Gaines fichou polos Minnesota Timberwolves.[4] Foi despedido o 4 de xaneiro de 2011.

O 13 de xaneiro de 2011, Gaines asinou un contrato de 10 días cos Toronto Raptors.[5] O 24 de xaneiro, asinou outro contrato de 10 días, pero foi cortado dous días despois cando os Raptors asinaron con Trey Johnson un contrato de 10 días.

O 28 de febreiro de 2011, Gaines asinou un contrato de 10 días cos New Jersey Nets.[6] Despois de xogar os partidos contra os Toronto Raptors en Londres, Gaines asinou outro contrato de 10 días cos Nets.[7] O 21 de marzo de 2011, Gaines asinou un contrato por varios anos cos Nets. [8] O 23 de marzo de 2011, Gaines fracturouse a súa cadeira dereita.

Durante o lockout da NBA de 2011, Gaines asinou co BC Armia Tbilsi de Xeorxia, onde xogou de titular habitualmente. Pouco máis tarde, regresou ós Nets.

En setembro de 2012, Gaines asinou cos Indiana Pacers.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lee, Nikde (2010-01-06). "NBA information: Jazz finally fill empty roster spot with D-League's Gaines". NBA information. Consultado o 2021-02-24. 
  2. "Jazz: Gaines reigns Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine.". The Salt Lake Tribune. 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 15 de xaneiro de 2010.
  3. "Rookie’s 3-pointer at buzzer lifts Jazz over Cavs"
  4. "Wolves Sign Sundiata Gaines". NBA.com. 2010-11-12. Consultado o 2010-11-13. 
  5. "Raptors Sign Gaines To 10-Day Contract". NBA.com. 2011-01-13. Consultado o 2010-01-13. 
  6. "Nets Sign Gaines To 10-Day Contract". NBA.com. 2011-02-28. Consultado o 2011-02-28. 
  7. "Sundiata Gaines staying with Nets on 10-day contract". New York Post. 2011-03-09. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 2011-03-09. 
  8. "Gaines Contract Release". NBA.com. 2011-03-21. Consultado o 2011-03-21. 
  9. Pacers Sign Three Free Agents

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]