Sun Microsystems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sun")
Centro de datos modular de Sun co seu logotipo.

Sun Microsystems é unha empresa informática localizada en Silicon Valley, principalmente fabrica software.

Programas[editar | editar a fonte]

Algúns dos seus programas foron servidores e estacións de traballo para procesadores SPARC, os sistemas operativos SunOS e Solaris, o sistema de ficheiros NFS, a plataforma de programación Java e conxuntamente con AT&T, a estandarización do Unix System V Release 4. Ademais de outros proxectos quizais menos rendibles coma un novo contorno gráfico, NeWS ou a interface gráfica de usuario OpenLook. Tamén é a creadora de suites ofimáticas coma o Star Office e o Open Office.org.

Linguaxe de programación Java[editar | editar a fonte]

A linguaxe de programación Java é unha plataforma virtual desenvolvida por Sun, de tal maneira que os programas creados nela poden executarse sen cambios en diferentes tipos de arquitecturas e dispositivos computacionais.

A plataforma Java consta das seguintes partes:

  • A propia linguaxe de programación
  • A máquina virtual de Java ou JRE, que permite a portabilidade en execución
  • A API Java, unha biblioteca estándar para a linguaxe

Sistema Operativo Solaris[editar | editar a fonte]

Solaris é un sistema operativo baseado inicialmente no sistema UNIX BSD da Universidade de Berkeley, do cal un dos fundadores da compañía foi programados nos seus tempos universitarios. Máis adiante incorporou funcionalidades do System V, converténdose practicamente nun sistema operativo totalmente baseado en System V. Quizais sexa un dos UNIX comerciais máis usados, principalmente no contorno de Internet.

Desde a versión 10, este sistema operativo é de balde, cunha licenza CDDL aprobada pola OSI e pódese descargar desde a web de Sun.

Star Office[editar | editar a fonte]

StarOffice é a suite ofimática de Sun Microsystems, baseada no desenvolvemento Open Source do OpenOffice.org (que patrocinou a propia Sun). Está composta por un procesador de textos (Writer), folla de cálculo (Calc), programa de manexo de base de datos (Base), de presentacións (Impress), e de gráficos (Draw).

Posúe algunhas características adicionais en comparanza co Open Office, ademais do soporte técnico.

Open Office.org[editar | editar a fonte]

OpenOffice.org (non OpenOffice, debido a unha disputa de marcas), é un proxecto baseado no código aberto para crear unha suite ofimática.

É multiplataforma, existe entre outros para Microsoft Windows, GNU/Linux, Solaris e Mac OS X.

Deriva a súa vez dunha versión comercial, StarOffice de Sun Microsystems aínda existente. As máis recentes versións de StarOffice están baseadas no código base de OpenOffice.org; de forma similar á relación existente entre Netscape Navigator e Mozilla.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sun Microsystems

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]