Summum ius summa iniuria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Summum ius summa iniuria é un expresión latina que pode ser traducida como: Suma xustiza, suma inxustiza ou suma xustiza, sumo prexuízo . Esta locución latina utilízase como aforismo en case todas linguas para expresar que levando a cabo ao pé da letra a xustiza pode chegarse a unha inxustiza.

A locución atópase na obra De officis de Cicerón [1]. Unha expresión semellante ius summum saepe summast malitia está na boca dun personaxe da comedia Heautontimorumenos, obra de Publio Terencio o Africano [2],[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. DE OFFICIIS LIBER PRIMVS 33 na Latin Librray
  2. HEAVTON TIMORVMENOS na Latin Library 795
  3. "Citas latinas na letra S". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 27 de maio de 2011.