Sumbawa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sumbawa | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas da Sonda |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 1.219.590 hab. |
| Superficie | 15.448 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 8°47′S 118°5′W / 8.783°S 118.083°W |
| Maior Altura | 2.850 m. Tambora |
| Localización | |
Pertencente ás Illas menores da Sonda, Sumbawa atópase entre as illas indonesias de Flores, Sumba e Lombok. De carácter volcánico como as demais illas veciñas, nela atópase o volcán Tambora, protagonista dunha importante erupción no século XIX.
Con 15.448 km² e unha poboación dun millón e medio de habitantes, a illa estivo relacionada co Imperio Majapahit de Xava e tamén co reino balinés de Gelgel. En 1605 prodúcese a primeira chegada dos holandeses, quen controlan o territorio totalmente xa comezado o século XX.
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Sumbawa pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de gran interese científico pola súa rica biodiversidade, situadas entre o Sueste asiático e Oceanía.