Sumba
| Sumba | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Waingapu |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | Illas da Sonda |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 611.422 hab. |
| Superficie | 11.153 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 9°40′S 120°00′E / 9.667°S 120°E |
| Maior Altura | 1.225 m. Wangga Meti |
| Localización | |
Sumba é unha illa indonesia pertencente á provincia de Nusa Tenggara Oriental. Cunha extensión de 11.153 km², posúe unha poboación sobre 600.000 habitantes.
A principal localidade da illa é Waingapu, cunha poboación duns 10.700 habitantes, próxima ao aeroporto. Os insulares son de orixe malaio e melanesio; aínda que moitos practican a tradicional relixión Malapu ou Malafu, outros son cristiáns (calvinistas e católicos) e algúns musulmáns sunnitas.
Como o resto de illas que forman as Illas da Sonda, Sumba pertence ao área da Liña de Wallace (Wallacea), de grande interese científico pola súa rica biodiversidade, ao ser illas situadas entre o Sueste asiático e Oceanía.
Coñecida outrora como a Illa da Madeira, Sumba é mundialmente coñecida polos seus pequenos cabalos e o seu excelente pano de Ikat. O oeste da illa conta con tumbas en grandes pedras (megálitos) e as súas chozas con teitos de palla. Os funerais inclúen aquí o sacrificio de numerosos porcos, búfalos, cans e cabalos. Outras cerimonias son o Pajura ou Pasola, combate tradicional de xinetes enfrontados con lanzas que buscan sangrar ao adversario, así como os festivais do aninovo lunar en outubro e novembro, con carreiras e danzas rituais.