Suleiman I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Suleiman Kanuni")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Suleiman I
Semailname 47b.jpg
Suleiman I
Sultán do Imperio Otomán
Período: 1520
1566
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: Selim II
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
Período:
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor:
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 6 de novembro de 1494
Lugar: Trebisonda, Turquía
Falecemento: 6 de setembro de 1566 (71 anos)
Lugar: Szigetvár, Hungría
Organización:
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe:
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: Islam
Premios: {{{premios}}}
{{{web}}}

Suleiman I (Otomán: سليمان Sulaymān, Turco: Süleyman), nado o 6 de novembro de 1494 e finado o 6 de setembro de 1566, foi sultán do Imperio Otomán (1520-1566), coñecido como Suleiman o Magnífico en Occidente e Suleiman o Lexislador no mundo islámico. Durante o seu reinado o Imperio Otomán acadou o máximo prestixio e esplendor, adaptou as institucións ás necesidades do seu vasto imperio, reafirmou a súa autoridade militar tanto en Oriente como en Occidente que estendeu o seu dominio dende a fronteira con Austria ao Golfo Pérsico e dende o mar Negro a Marrocos. O reinado de Suleiman tamén destacou pola intensa actividade cultural que se desenvolveu no seu Imperio, unha auténtica idade de ouro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Naceu en Trebisonda, na actual Turquía. Trasladouse a Estambul con 7 anos para estudar ciencias, literatura e tácticas militares na escolas do Pazo de Topkapı, a esta época remóntase tamén a súa amizade con Pargalı İbrahim Pasha, que chegaría a seu un dos seus conselleiros de maior confianza.

Aos 17 anos de idade comezou a exercer cargos públicos de importancia, sendo nomeado gobernador de Estambul, máis tarde de Sarukhan (Manisa) e durante un breve período de Edirne (Adrianópolis). Esto serviulle para gañar moita experiencia administrativa e lexislativa.

Aos 26 anos de idade Suleiman herdou o título de Califa trala morte de seu pai, Selim I.

Frente Occidental[editar | editar a fonte]

Trala morte do seu pai e co título de Califa comezou a gobernar o extenso Imperio Otomán, tendo que enfrontarse e solventar xa moi cedo a revolta do gobernador de Damasco. Comezou tamén os preparativos para tomar militarmente a cidade de Belgrado e debilitar así as defensas do Reino de Hungría e conquistalo, xa que no momento era o bastión do cristianismo fronte ao Islam. Esta empresa xa a tentara levar a cabo o seu bisavó Mehmed II, fracasando no intento.

Ao longo das décadas o reino húngaro fora expandíndose e mantendo ás tropas otomás fora de Europa baseándose en comandantes coma o conde Juan Hunyadi, rexente de Hungría entre 1446 e 1452, ou no exército de mercenarios máis grande da súa época creado polo seu fillo, o rei Matías Corvino de Hungría. Porén trala morte do rei Matías en 1490 o reino viuse sumido nunha forte crise cunha sucesión de reinados inestabeis. Este momento foi o aprobeitado polo Califa Suleiman. No ano 1521 avanzou sobre Belgrado asediandoa, finalmente a cidade caeu en agosto dese mesmo ano.

O embaixador do Sacro Imperio Romano discribiría a caída de Belgrado coma A captura de Belgrado foi a orixe dos dramáticos acontecementos que asolaron Hungría. Levou á morte do rei Luis II de Hungría, á captura da cidade de Buda, á ocupación da rexión de Transilvania, á ruina dun reino florecente e ao terror das nacións veciñas que poderían sufrir o mesmo detino...

A pesar de que con esta conquista tanto o reino de Hungría coma Europa central estaba ao seu alcance decidiu centrar o seu poder na conquista da illa de Rodas, no Mediterraneo, baixo o control dos Cabaleiros da Orde de San Xoán, e que dificultaba enormemente as comunicacións otomás no Mediterraneo oriental. No verán de 1522 o Califa liderou persoalmente ao 400 barcos e 100.000 soldados contra a illa, tras un sitio de seis meses Rodas capitulou e os cabaleiros marcharon cara Malta.

Tras esta conquista volveu a súa atención cara a Europa continental, seguindo ca campaña de ocupación do Reino de Hungría. Así o 29 de agosto de 1526 derrotou ao rei Luis II de Hungría na Batalla de Mohács, desplomándose a resistencia húngara e convertíndose o Imperio Otomán na maior potencia da Europa oriental.

Ca morte do rei Luis II na Batalla de Mohács comeza unha loita polo poder nos restos do reino de Hungría, así parte da nobleza apoia que Fernando I de Habsburgo, Archiduque de Austria e unido á familia de Luis II por lazos de sangue, asumira o trono. Porén outra facción, apoiada por Suleimán I, defende que sexa coroado o conde Juan Szapolyai, que ascendería ao trono como Juan I de Hungría pero que non era recoñecido polas potencias europeas.

O resultado sería a división do reino, quedando para a casa dos Habsburgo a actual Eslovaquia, parte occidental de Croacia e territorios adxacentes. Entanto o que se correspondería ca actual Hungría ficaría ocupada polo Imperio Otomán, este instalaría á familia Szapolyai no goberno de Transilvania como estado vasalo do Imperio.

Os Habsburgo Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico e Fernando I ocuparon Buda e tomaron o resto de Hungría. Porén en 1529 Suleimán marchou outra vez sobre o val do Danubio, reconquistando Buda e sitiando Viena. Esta expedición foi o apoxeo do poder militar do Imperio Otomán, porén sería a primeira derrota, xa que unha guarnición dos Habsburgo reforzada con 20.000 soldados impedirón a conquista de Viena, e marcaron o final da expansión europea de Suleiman I.

De todalas maneiras realizaría outra expedición co mesmo fin en 1532, con outro novo fracaso antes de alcanzar Viena.

Fronte oriental[editar | editar a fonte]

En Asia o gobernador de Bitlis sublevárase poñéndose baixo a protección do Sha Tahmasp I, Suleiman iniciou unha nova campaña, desta vez contra o Sha en 1533, ocupou Tabriz e Bagdad, o que supuña o control sobre boa parte da rota da seda e da rota comercial á India.

En 1540 morre o rei vasalo de Hungría, Xoán Zápolya e inmediatamente Fernando ataca Buda, Suleiman rexeitou o ataque e volveu conquistar a cidade e o centro de Hungría. Suleiman consolida as súas conquistas asinando unha serie de tratados de paz cos seus veciños, en 1540 con Venecia, en 1547 con Carlos I de España, mantendo boas relacións con Francia e en 1559 asina un tratado de paz co sha de Irán. Morreu en 1566 nunha campaña contra o emperador Maximiliano II.

Legado[editar | editar a fonte]

As conquistas levadas a cabo por Suleiman I tiveron gran importancia estratéxica, pois controlaba as principais cidades musulmanas (A Meca, Medina, Xerusalén, Damasco, Bagdad...) e os Balcáns, chegando ata o corazón de Europa. Estas conquistas tamén lle deron o control das principais rutas comerciais, como o da Ruta da seda e Ruta á India.

Esta boa situación xeopolítica trasmitiuse nunha gran época de avances técnicos e administrativos, que se traduciron nunha gran base agrícola, benestar para os campesiños, abundancia dos produtos de consumo básico e a boa aprobeitamento dos recursos. As reformas administrativas e legais deronlle a Suleiman o sobrenome de Dador de leis ou Lexislador.

Tamén foi boa época para a literatura, arquitectura, arte, teoloxía e filosofía, atopando un gran apoio no mezenazagno persoal do Sultán.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Suleiman I

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]