Suger de Saint-Denis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vitral en Saint-Denis que representa a Suger.
Fachada da basílica Saint-Denis.

Suger de Saint-Denis nado en Chennevières-lès-Louvres en 1080 ou 1081 e morto en Saint-Denis o 13 de xaneiro de 1151, foi un eclesiástico e estadista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro dunha familia de servos, tivo o privilexio durante a súa infancia de acompañar o rei Luís VI nunha súa visita á abadía de Saint-Denis, na que ingresou cando tiña arredor de dez anos de idade. Logo de estudar no presbiterio de Estrées entre 1094 e 1104, para facerse monxe, volveu para a abadía de Saint-Denis, da que se convertería abade de 1122 até 1151.

Gozando da total confianza de Luís VI, xogou un importante papel xunto el, próximo ao que hoxe denominaríamos un primeiro ministro: encargado de misións diplomáticas no estranxeiro; conselleiro, especialmente para asuntos militares; foi el quen levou a Luís VII, fillo do rei e logo rei, xunto súa futura esposa, Eleonor de Aquitania, en 1137.

Suger converteuse en rexente da Francia, entre 1147 e 1149 cando Luís VII partiu para a segunda cruzada. A súa volta, o rei proclamouno "Pai da Patria". Mais cando Luís VII suxire a idea de facer anular o seu matrimonio con Eleonor, Suger comprende o perigo e as consecuencias dun acto tal, tentando entón disuadir ao monarca. Só despois da morte de Suger, Luís VII leva a cabo a súa idea.

A súa tumba foi profanada, durante a Revolución, en 1793.

Pensamento político[editar | editar a fonte]

Suger actúa para reforzar la autoridade do rei francés, axudando ao monarca a conceder dereitos aos burgueses. O Capeto debe combater constantemente os señores rebeldes non interior do seu dominio, e malamente fai recoñecer o seu poder directo, a pesar dos seus feudos. Suger coloca teoricamente o rei na cimeira da pirámide vasalática. Ten xa unha "certa idea da nación", xa que escribe: «Non é nin xusto, nin natural que a Inglaterra estea sometida aos franceses ou que a Francia o estea aos ingleses». Figura tamén entre os fundadores das grandes crónicas de Francia, que constitúen a historia oficial da monarquía, pois redactou o primeiro volume consagrado a Luís VI.

Construtor da basílica gótica[editar | editar a fonte]

Abade de Saint-Denis, Suger substitúe a antiga igrexa en ruínas, construída por Dagoberto I cinco séculos atrás, pola actual basílica, que se beneficia dunha época de innovacións técnicas na construción, sendo o punto de partida do que, moito máis tarde, se denominará estilo gótico. Este templo permanece como un dos símbolos da monarquía francesa, á par que foi o monumento sepulcral secular dos reis de Francia.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Erwin Panofsky, «L’abbé Suger de Saint-Denis», in Architecture Gothique et pensée scolastique, tradución e epílogo de Pierre Bourdieu. Paris. Éditions de Minuit, coll. «Le sens commun». 1967, pp. 7-65 ( tradución portuguesa O Abade Suger de S. Denis, in Significado das Artes Visuais, 3).
  • M. Bur, Suger, abbé de Saint-Denis, régent de France, Perrin. 1991.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]