Sudán - السودان

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
جمهورية السودان
Yumhūriyyat as-Sūdān
Republic of Sudan
República de Sudán
Bandeira de Sudán Escudo de Sudán
Bandeira Escudo
Lema: al-Nadir Nila
Himno nacional: نحن جند الله جند الوطن Nahnu yund Allah yund al-watan
 
Sudan (orthographic projection) highlighted.svg
 
Capital
 • Poboación
Khartún - الخرطوم
1.974.647 (2005 est.)
Cidade máis poboada Omdurmán
Linguas oficiais
Árabe, Inglés

Forma de goberno República presidencialista baixo unha ditadura
Omar Hasan Ahmad al-Bashir
Independencia
 • Data
Do Reino Unido e Exipto
1 de xaneiro de 1956
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 16º
1.886.068 km²
5,2 %
7.687 km km
853 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 40º
30.894.000
16,4 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 60º
US$ 85.461 millóns
US$ 2.417
IDH (2007) 0,526 (147º) – medio
Moeda Libra sudanesa
Xentilicio Sudanés, sudanesa
Fuso horario
 • en verán
UTC+3
UTC+3
Dominio de Internet .sd
Prefixo telefónico +249
Prefixo radiofónico 6TA-6UZ, SSN-STZ
Código ISO 736 / SDN / SD
Membro de: LA, UA, ONU
Tódolos países do mundo

O Sudán (en árabe: السودان As-Sudaan) é un país africano. Limita ao norte con Exipto, ao leste co mar Vermello, por onde fai fronteira coa Arabia Saudí, Eritrea e máis Etiopía, ao sur con Sudán do Sur, e a oeste coa República Centroafricana, Chad e Libia. A súa capital é Cartum.

Índice

Historia [editar]

Coñecido na Antigüidade como Nubia, o Sudán incorpórase ao mundo árabe coa expansión islámica do século VII. O sur escapa ao control musulmán e sofre incursións de cazadores de escravos. Entre 1820 e 1822, é conquistado e unificado polo Exipto e posteriormente entra na esfera de influencia do Reino Unido. En 1881 estoupa unha revolta nacionalista comandada por Muhammad Ahmed bin' Abd Allah, líder relixioso coñecido como Mahdi, que expulsa os ingleses en 1885. El morre logo despois e os británicos retoman o Sudán no 1898. No ano seguinte, a nación é sometida ao dominio exipcio-británico. Obtén autonomía limitada no 1953 e independencia total no 1956.

O Sudán é o maior país da África, e leva en guerra civil desde hai 46 anos. O conflito entre o goberno musulmán e guerrilleiros cristiáns e animistas, baseados no sur do territorio, revela as realidades culturais opostas da nación. A guerra e prolongados períodos de seca xa deixaron 1,5 millón de mortos.

A introdución da Sharía, a lei islámica, causou a fuga de mais de 350 mil sudaneses para países veciños. Entre outras medidas, a lei determina a prohibición de bebidas alcohólicas e castigos de enforcamento ou mutilación.

Desde o 2003, na rexión de Darfur está ocorrendo o Conflito de Darfur, producíndose un exterminio da poboación negra por parte de milicias árabes, co presunto apoio encuberto do goberno sudanés.

Xeografía [editar]

Os desertos da Nubia e da Libia e o clima árido predominan no norte, mentres que o sur está cuberto por sabanas e florestas tropicais. A bacía do río Nilo, que atravesa o territorio do Sudán, é fonte de enerxía eléctrica e de irrigación para as plantacións de algodón, principal produto de exportación, ao lado da goma-arábica.

Economía [editar]

Artigo principal: Economía de Sudán.

A maioría da poboación do Sudán vive da agricultura de subsistencia e da pesca. Recentemente o petróleo tornouse un dos principais produtos de exportación do país, e ten estimulado un gran crecemento da economía.

Desde o 1997 o Sudán ten traballado co Fondo Monetario Internacional no sentido de implantar reformas económicas, incluíndo a flutuación da taxa de troco.

Cultura [editar]

Feriados
Data Nome en galego Nome local Observacións

Véxase tamén [editar]