Sudáfrica - Ningizimu Afrika
| República de Sudáfrica1 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sudáfrica ou África do Sur é unha república situada no extremo sur do continente africano, cunha liña de costa de 2.798 quilómetros entre os océanos Atlántico e Índico. Limita ao norte con Namibia, Botsuana e Cimbabue; ao leste con Mozambique e Suacilandia; mentres que Lesoto é un país independente completamente rodeado polo territorio surafricano.
Sudáfrica é coñecida pola súa variedade de culturas e linguas, sendo recoñecidos pola súa constitución once idiomas oficiais, dos que dous son de orixe europea: o africáner, unha lingua que xurdiu principalmente do neerlandés, e o inglés surafricano. Aínda que o inglés é a lingua máis utilizada na vida pública e de negocios, é tan só a quinta lingua máis falada nos fogares.
Ademais das linguas, o país é tamén etnicamente diverso. Ao redor do 79,5% da poboación surafricana é de orixe negra africana, dividida nunha gran variedade de grupos étnicos que falan diferentes linguas bantús, nove das cales teñen carácter oficial. En Sudáfrica tamén viven grandes comunidades de europeos, hindús e etnicamante mixtas. Ao redor dunha cuarta parte da poboación carece de emprego e vive con menos de un euro ao día. Sudáfrica é tamén un dos membros fundadores da Unión Africana, da cal posúe a economía máis grande de tódolos membros. Tamén foi membro fundador das Nacións Unidas e é membro entre outras organización da Commonwealth de Nacións, da Organización Mundial do Comercio ou do Fondo Monetario Internacional.
Índice |
Historia [editar]
- Artigo principal: Historia de Sudáfrica.
África do Sur é un dos estados-nacións máis antigos de África. Cando os primeiros colonos neerlandeses chegaron a ela no 1652, a África do Sur estaba habitada por tribos africanas como os khoi, os san, os xhosa e os zulú. Inglaterra foi conquistando progresivamente o poder aos neerlandeses, contra os cales trabaron tres guerras: a guerra Anglo-Holandesa e mailas dúas guerras dos Boers. No 1910 as catro repúblicas da región unironse para formar a Unión da África do Sur. No 1931 a África do Sur tornouse un Dominio británico totalmente soberano. No 1961 tornouse nunha república.
Véxase tamén a historia do Apartheid
Política [editar]
O goberno surafricano funciona segundo un sistema parlamentario, se ben que o Presidente da África do Sur sexa ao mesmo tempo xefe de estado e xefe de goberno. O presidente é electo nunha sesión conxunta do parlamento bicameral, que consta dunha Asemblea Nacional (National Assembly), ou cámara baixa, e un Consello Nacional de Provincias (National Council of Provinces), ou cámara alta.
A Asemblea Nacional ten 400 membros, electos en representación proporcional. O Consello Nacional de Provincias, que substituíu ao Senado no 1997, está composto por 90 membros representando cada unha das nove provincias da África do Sur, alén das grandes cidades.
Cada provincia da África do Sur ten unha Lexislatura Provincial unicameral e un Consello Executivo liderado por un primeiro-ministro (premier).
Xeografía [editar]
A África do Sur ten unha paisaxe variada. Na parte occidental, esténdese unha gran meseta composta en parte por deserto e en parte por pastos e sabanas, cortada polo curso do río Orange e do seu principal afluente, o Vaal. Ao sur, érguense as cordilleiras do Karroo e, ao leste o Drakensberg, a maior cadea montañosa da África meridional. Ao norte, o curso do río Limpopo serve de fronteira coa Botswana e o Zimbabwe.
O clima varía entre unha pequena zona de clima mediterráneo, no extremo Sur, na rexión do Cabo, a desértico ao noroeste. No Drakensberg hai áreas con clima de montaña.
A maior cidade é Xohanesburgo. A Cidade do Cabo, Durban e Pretoria son outras cidades importantes.
Divisións administrativas [editar]
| Northern Cape North West Gauteng Limpopo Mpumalanga | KwaZulu-Natal Eastern Cape Free State Western Cape |
Cando o apartheid rematou no 1994, o goberno surafricano tivo que integrar aos antigos ¨Bantustans¨ semi ou independentes na estrutura política de Sudáfrica. Para acabaren con isto, aboliron ás catro antigas provincias de Sudáfrica:(Cape Province, Natal, Orange Free State, e Transvaal) e substituíronas por outras nove. As novas prinvincias son moito máis pequenas cás antigas, teoricamente para darlle unha mellor facilidade ao goberno de cada unha sobre os distintos municipios.
As nove princias están dividas en 52 distritos, seis dos cales son áreas metropolitanas ou concellos de clase A e os 46 restantes distritos municipais ou concellos de clase C, á súa vez estes 46 distritos municipais divídense en 231 concellos locais ou concellos de clase B. As novas provincias son:
| Provincia | Antigas provincias | Capital | Área (km²) | Área (mi²) | Poboación (2001) |
|---|---|---|---|---|---|
| O Cabo Oriental | Provincia do Cabo, Transkei, Ciskei | Bisho | 169 580 | 65 475 | 6 436 761 |
| Estado Libre | Estado Libre de Orange, QwaQwa | Bloemfontein | 129 480 | 49 992 | 2 706 776 |
| Gauteng | Transvaal | Xohanesburgo | 17 010 | 6 568 | 8 837 172 |
| KwaZulu-Natal | Natal, KwaZulu | Pietermaritzburg | 92 100 | 35 560 | 9 426 018 |
| Limpopo | Transvaal, Venda, Lebowa, Gazankulu | Polokwane | 123 900 | 47 838 | 5 273 637 |
| Mpumalanga | Transvaal, KwaNdebele, KaNgwane, Bophuthatswana, Lebowa | Mbombela | 79 490 | 30 691 | 3 122 994 |
| O Cabo Setentrional | Provincia do Cabo | Kimberley | 361 830 | 139 703 | 822 726 |
| Noroeste | Transvaal, Provincia do Cabo, Bophuthatswana | Mafikeng | 116 320 | 44 911 | 3 669 349 |
| O Cabo Occidental | Provincia do Cabo | Capetón | 129 370 | 49 950 | 4 524 335 |
| Total | 1 219 080 | 470 688 | 44 819 768 |
Economía [editar]
- Artigo principal: Economía de Sudáfrica.
A África do Sur é un dos maiores produtores de ouro e diamantes. Existen grandes diferenzas entre a poboación de orixe europea, máis rica, e a poboación de orixe africana, máis pobre.
Cultura [editar]
Linguas [editar]
Sudáfrica ten 11 linguas oficiais : inglés, afrikaans, zulú, swati, ndebele, linguas sesotho do norte e do sur, Tsonga, tswana , venda e xhosa.
O país recoñece ademais oito non oficiais: fanagalo, lobedu, ndebele, phuthi, lingua de signos sudafricana, khoe, nama e san. Éstas pódense usar en certos usos oficiais en áreas limitadas onde se determinou que estas linguas prevalecen.
| Data | Nome en galego | Nome local | Observacions |
|---|---|---|---|
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||
|
||||||||