Substantivos abstractos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gramática
CLASES DE
PALABRAS
Substantivo
Adxectivo
Persoal
Determinante
Relativo
Verbo
Adverbio
Preposición
Conxunción
Interxección

Os substantivos abstractos non se poden representar como obxectos concretos, porque fan referencia a conceptos, calidades ou emocións e designan xa que logo entidades que non se perciben polos sentidos do corpo, senón pola mente, por exemplo nación, engano, amor, odio, contradición, bondade, virtude, honradez. Os substantivos abstractos considéranse illadamente polo seu significado aínda que se desprenden das cousas concretas. En cambio, unha cadeira existe en si e por si soa; é unha entidade independente. Os substantivos abstractos podémolos clasificar en:

  • Abstractos de fenómeno: están relacionados con substantivos que designan accións, estados ou os seus efectos, por exemplo lectura, camiñada.
  • Abstractos de calidade: están relacionados con adxectivos e designan calidades ou propiedades dos obxectos ou dos seres, por exemplo beleza, maldade.
  • Abstractos de números ou cuantitativos: cuantifican tanto de forma precisa como de forma imprecisa, por exemplo ducia, cantidade, chea.