Subdivisións de Turquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Turquía é un estado unitario que se divide administrativamente en 81 provincias (il, iller), que se dividen en distritos (ilçe, ilçeler).

Á fronte de cada provincia, que antes se chamaba "gobernación" (vilayet) atópanse un gobernador (vali) e un vice-gobernador (kaymakam) designados polo goberno central. Os alcaldes e pedáneos (belediye başkanı e muhtar) escóllense mediante sufraxio universal. Nalgunhas cidades grandes existe un nivel administrativo supra-municipal, a "metrópole" (büyükşehir).

Cada provincia conta cunha zona gobernamental (il merkezi) no distrito central (merkez ilçe) e pode incluír outros distritos. A zona gobernamental normalmente recibe o mesmo nome que a provincia, a excepción de Hatay (capital Antakya), Kocaeli (capital İzmit) e Sakarya (capital Adapazarı).