Provincias e territorios do Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Subdivisións de Canadá")
Mapa xeopolítico do Canadá

O Canadá é unha federación de Norteamérica integrada por dez provincias e tres territorios que conforman o segundo país máis grande do mundo en termos de superficie. A diferenza principal entre unha provincia e un territorio canadense é que a provincia recibe os poderes de goberno directamente da Coroa británica, por medio do Acta da Constitución de 1867, o cal outórgalle máis competencias e dereitos que un territorio, cuxos poderes están delegados polo goberno federal.

Na actualidade as provincias do Canadá son Alberta, a Columbia Británica, Manitoba, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia, Ontario, a Illa do Príncipe Eduardo, Quebec e Saskatchewan. Os tres territorios son os Territorios do Noroeste, Nunavut e Yukón.

Historia[editar | editar a fonte]

Ontario, Quebec, Novo Brunswick e Nova Escocia son as provincias orixinais, formadas cando as colonias británicas norteamericanas se federaron o 1 de xullo de 1867 no Dominio do Canadá e por etapas comezaron a acumularse os indicios de soberanía do Reino Unido. Durante os seis anos seguintes Manitoba, Columbia Británica e a Illa do Príncipe Eduardo foron engadidas como provincias.

A Compañía da Baía de Hudson mantiña o control de grandes porcións de territorio do oeste do Canadá ata 1870, data en que entregaría estas terras ao goberno do Canadá e que conformarían os Territorios do Noroeste. O 1 de setembro de 1905, unha porción dos Territorios do Noroeste que se atopaba ao sur do paralelo 60 converteuse nas provincias de Alberta e Saskatchewan. En 1912, as fronteiras de Quebec, Ontario e Manitoba estendéronse cara ao norte: Manitoba estendeuse ata o paralelo 60; Ontario cara á baía de Hudson e Quebec anexouse o Distrito de Ungava.[1]

En 1869, Terra Nova e Labrador decidiu nun referendo permanecer como territorio británico e non como parte do Dominio do Canadá xa que temían que as políticas do Canadá central dominasen as políticas de Terra Nova en canto a impostos e outros asuntos económicos. En 1907, Terra Nova e Labrador adquiriron o estatuto de Dominio. Porén, en 1933, o goberno de Terra Nova caeu e durante a Segunda Guerra Mundial, Canadá tomou a responsabilidade de defender Terra Nova. Logo da guerra, cuestionouse o estatuto de Terra Nova, e por unha estreita maioría, os cidadáns votaron para unirse á Confederación Canadense en 1948, nun referendo. O 31 de marzo de 1949, converteuse na décima e última provincia en unirse á confederación.

Goberno[editar | editar a fonte]

Evolución das fronteiras e os nomes das provincias e territorios do Canadá.

As provincias gozan de grande autonomía en relación co poder federal, e teñen a xurisdición sobre a maioría dos servizos públicos de sanidade, educación, benestar e dos transportes intraprovinciais. Reciben "pagos de transferencia" do goberno federal para financiar estes servizos, e tamén teñen a capacidade de cobrar os seus propios impostos. O goberno federal, con poderes superiores en canto ao cobro de impostos, acondiciona estes pagos de transferencia e inflúe ás provincias; por exemplo, como condición para recibir fondos para financiar os servizos de sanidade, as provincias téñense que comprometer a ofrecer acceso universal.

Os órganos lexislativos das provincias son unicamerais. Anteriormente, algunhas provincias tiñan unha segunda cámara, coñecida como Consello Lexislativo, pero foron abolidas; a última en selo sería a de Quebec en 1968. Na maioría das provincias, o órgano lexislativo chámase Asemblea Lexislativa, salvo nas provincias de Nova Escocia e Terra Nova e Labrador onde se chama Casa de Asemblea, e en Quebec, onde se coñece como Asemblea Nacional. Ontario ten unha Asemblea Lexislativa pero os seus membros denomínanse Membros do Parlamento Provincial. As Asembleas Lexislativas usan un procedemento similar ao da Cámara dos Comúns canadense. O xefe de goberno de cada provincia é o premier, xeralmente o líder do partido con maioría parlamentaria. Este é tamén o caso en Yukón, pero os Territorios do Noroeste e Nunavut non teñen partidos políticos a nivel territorial. O representante da raíña en cada provincia é o Tenente Gobernador. En cada un dos territorios hai un Comisionado análogo, pero representa ao goberno federal e non ao monarca. Estas diferenzas terminolóxicas resúmense a continuación.

Terminoloxía federal, provincial e territorial comparada[editar | editar a fonte]

Canadá Gobernador Xeral Primeiro Ministro Parlamento Parlamentario
Senado Cámara dos Comúns Senador Membro do Parlamento
Ontario Tenente Gobernador Premier n/a(*) Asemblea Lexislativa n/a Membro do Parlamento Provincial
Quebec Asemblea Nacional Membro da Asemblea Nacional
Terra Nova e Labrador Casa de Asemblea Membro da Casa de Asemblea
Nova Escocia Membro da Asemblea Lexislativa
Outras provincias Asemblea Lexislativa
Territorios Comisionado Líder do Goberno (Premier)

(*) Quebec, Nova Escocia, Novo Brunswick, Manitoba, Terra Nova e a Illa do Príncipe Eduardo históricamente tiñan un Consello Lexislativo, análogo ó Senado federal.

Provincias do Canadá[editar | editar a fonte]

Provincia Abreviatura postal
Código ISO
Outras abreviaturas Capital Entrada na Confederación Poboación
(2005)
Área (km²)
Terra Auga Total
Flag of Ontario.svg Ontario 1 ON Ont. Toronto 1 de xullo de 1867 12.541.400 917.741 158.654 1.076.395
Flag of Quebec.svg Quebec 1 QC Qué., PQ, P.Q. Cidade de Quebec 7.598.100 1.356.128 185.928 1.542.056
Flag of Nova Scotia.svg Nova Escocia2 NS N.S. Halifax 937.900 53.338 1.946 55.284
Flag of New Brunswick.svg Novo Brunswick 2 NB N.B. Fredericton 752.000 71.450 1.458 72.908
Flag of Manitoba.svg Manitoba3 MB Man. Winnipeg 15 de xullo de 1870 1.177.600 553.556 94.241 647.797
Flag of British Columbia.svg Columbia Británica2 BC B.C. Victoria 20 de xullo de 1871 4.254.500 925.186 19.549 944.735
Flag of Prince Edward Island.svg Illa do Príncipe Eduardo2 PE PEI, P.E.I. Charlottetown 1 de xullo de 1873 138.100 5.660 5.660
Flag of Saskatchewan.svg Saskatchewan 4 SK Sask. Regina 1 de setembro de 1905 994.100 591.670 59.366 651.036
Flag of Alberta.svg Alberta 4 AB Alta. Edmonton 3.256.800 642.317 19.531 661.848
Flag of Newfoundland and Labrador.svg Terra Nova e Labrador2 NL Nfld., NF, LB San Xoán de Terranova 31 de marzo de 1949 516.000 373.872 31.340 405.212

Notas:

  1. Xusto antes da formación da Confederación, Ontario e Quebec formaban a Provincia do Canadá.
  2. Nova Escocia, Novo Brunswick, a Columbia Británica e a Illa do Príncipe Eduardo eran colonias separadas cando se uniron á Confederación. Antes da súa entrada, Terra Nova era un Dominio da Commonwealth Británica.
  3. Manitoba conformouse ao mesmo tempo que os Territorios do Noroeste.
  4. Saskatchewan e Alberta foron creadas a partir dos Territorios do Noroeste.

Territorios do Canadá[editar | editar a fonte]

Na actualidade, os territorios do Canadá son tres. A diferenza das provincias, os territorios do Canadá non teñen ningunha xurisdición inherente e só gozan dos poderes que lles son delegados polo goberno federal.[2][3][4] Os territorios abarcan a porción do Canadá ao norte da latitude 60° N e ao oeste da baía de Hudson, así como case todas as illas ao norte do Canadá continental (desde a baía de James cara ás Illas Árticas). A seguinte táboa presenta os territorios en orde de precedencia.

Territorio Abreviatura postal (código ISO) Outras abreviaturas Capital Entrada na Confederación Poboación
(2004)
Área (km²)
Terra Auga Total
Flag of the Northwest Territories.svg Territorios do Noroeste NT N.W.T., NWT Yellowknife 15 de xullo de 1870 42.800 1.183.085 163.021 1.346.106
Flag of Yukon.svg Yukón YT Y.T., YK Whitehorse 13 de xuño de 1898 31.200 474.391 8.052 482.443
Flag of Nunavut.svg Nunavut NU - Iqaluit 1 de abril de 1999 28.300 1.936.113 157.077 2.093.190

Nota: Canadá non adquiriu novo territorio para crear Yukón, Alberta, Saskatchewan ou Nunavut. Estes formáronse a partir dos Territorios do Noroeste.

Evolución das provincias e territorios[editar | editar a fonte]

Columbia Británica, Novo Brunswick, Terra Nova e Labrador, Nova Escocia e a Illa do Príncipe Eduardo eran colonias separadas antes unirse ó Canadá. Ontario e Quebec uníronse antes da Confederación como a Provincia do Canadá.

Manitoba e os Territorios do Noroeste creáronse en 1870 a través da Terra de Rupert e os Territorios do Noroeste. Entón, a rexión do Territorio do Noroeste abarcaba todo o norte e o oeste do Canadá, incluíndo dúas terceiras partes de Ontario e Quebec, salvo as Illas Árticas, a Columbia Británica e unha pequena porción do sur de Manitoba.

En 1882 formáronse os distritos provisionais nos Territorios do Noroeste.

En 1895 fixéronse cambios nos distritos dos Territorios do Noroeste.

En 1903 a disputa pola fronteira de Alasca fixou o límite noroeste de Columbia Británica. Este foi unha das dúas únicas provincias na historia canadense en reducir o seu tamaño. A segunda ocorreu en 1927, cando unha disputa divisoria entre a provincia de Quebec e o Dominio de Terra Nova resultou no incremento de Labrador a expensas de Quebec.

En 1905 formáronse a provincias de Alberta e Saskatchewan a partir dos Territorios do Noroeste.

En 1912 as provincias de Quebec, Ontario e Manitoba creáronse de territorio que formara unha vez parte dos Territorios do Noroeste.

En 1999 Nunavut foi creado a partir da porción este de os Territorios do Noroeste. Yukón está na parte occidental do norte de Canadá, mentres que Nunavut está no leste.

A poboación de Nunavut é 85% inuit, mentres que a poboación dos Territorios do Noroeste é 10% inuit, 40% amerindios (chamados "primeiras nacións" ou "primeiros pobos") e métis (mestizos) e o 50% non é aborixe. Os tres territorios son a rexión menos poboada do Canadá, cunhas 100.000 persoas. A miúdo refírese a eles como unha soa rexión, "O Norte", a efectos organizativos.

Cada un dos territorios elixe a un membro do Parlamento. A diferenza dos territorios dos Estados Unidos (como as Illas Virxes dos Estados Unidos), os territorios canadenses elixen a un representante coas mesmas prerrogativas que os outros da Cámara dos Comúns. Os residentes dos territorios canadenses son cidadáns con todos os dereitos dos cidadáns das provincias. Cada territorio tamén conta cun senador.

Partidos políticos provinciais[editar | editar a fonte]

A maior parte das provincias teñen homólogos provinciais aos tres partidos federais nacionais. Con todo, algúns partidos provinciais non están formalmente ligados aos partidos federais homónimos. Algunhas provincias teñen partidos políticos rexionais, como o Saskatchewan Party. O clima político provincial de Quebec é bastante diferente: a principal ruptura é entre o Parti Québécois, que avoga pola soberanía de Quebec, e o Parti Libéral du Québec, cuxa ideoloxía é federalista, isto é, que Quebec siga formando parte da Confederación Canadense.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Atlas of Canada - Territorial Evolution, 1912
  2. Northwest Territories Act - Department of Justice of Canada
  3. Yukon Act - Department of Justice of Canada
  4. Nunavut Act - Department of Justice of Canada