Sukhoi Su-25
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Su-25")
| Sukhoi Su-25 | |
|---|---|
| Su-25 nunha exhibición aérea | |
| Tipo | Apoio aéreo próximo |
| Fabricante | Sukhoi |
| Deseñado por | Pavel Sukhoi |
| Primeiro voo | 22 de febreiro de 1975 |
| Introducido | 1981 |
| Estado | Operacional |
| Construídos | 1.024 |
O Sukhoi Su-25 (designación OTAN: Frogfoot) é un avión de combate terrestre, de apoio aéreo próximo e contracarro deseñado pola Unión Soviética. Permanece en servizo en Rusia e a CEI, e foi exportado a varios países. O seu primeiro prototipo realizou o seu primeiro voo o 22 de febreiro de 1975 e despois das probas entrou en produción en 1978 en Tbilisi. As forzas aéreas e terrestres rusas alcumárono "Grach" ("Gralla").