Suðurnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suðurnes
Mapa
Suðurnes.svg
Información
Capital
Poboación
Keflavík
8,169 hab. (2009)
Entidade
País
Rexión administrativa
Flag of Iceland.svg Islandia
Subdivisións 1 condado
5 municipios
Superficie 829 km²
Poboación
* Densidade
21.431 hab. (2008)
25,9 hab./km²

Suðurnes (en galego: Rexión Suroccidental) é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. Está situada ao suroeste do país e a súa capital é a cidade de Keflavík. A rexión está principalmente conectada co resto do país pola estrada 41 ao norte, que é unha das principais estradas do país e que a une directamente coa capital, Reiquiavik.

Nesta rexión se encontra o Aeroporto Internacional de Keflavík, o principal punto de entrada de Islandia. Tamén atopamos o balneario xeotermal de Bláa lónið.

Demografía[editar | editar a fonte]

Suðurnes ten unha poboación de 21.431 habitantes nunha extensión de 829 km², o que supón unha densidade de poboación de 25,9 hab./km², sendo unha das rexións máis dénsamente poboadas da illa. O seu centro administrativo é Keflavík, que tiña 7.000 habitantes ata que se fusionou coa veciña cidade de Njarðvík hai uns anos, conformando unha poboación de máis de 10.000 habitantes e converténdose na segunda poboación máis grande fóra da área metropolitana de Reiquiavik. En outubro de 2007, a cidade contaba cunha poboación de 13.000 habitantes.

Evolución demográfica da rexión
Ano Poboación Porcentaxe da
poboación islandesa
1920 2.497 2,64 %
1930 2.820 2,60 %
1940 3.472 2,86 %
1950 5.058 3,51 %
1960 8.924 4,98 %
1970 10.584 5,17 %
1980 13.302 5,75 %
1990 15.202 5,90 %
2000 16.491 5,79 %
2007 20.415 6,48 %

Condados[editar | editar a fonte]

Na rexión de Suðurnes se encontra un dos vinte e trés condados de Islandia, o condado de Gullbringusýsla.

Municipios[editar | editar a fonte]

Suðurnes comprende os seguintes cinco municipios:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]