Suárbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panorámica de Suárbol.

Suárbol é unha parroquia do concello leonés de Candín, na comarca do Bierzo. Na actualidade está deshabitado. Suárbol pertence ao ámbito lingüístico galego-berciano, e os seus habitantes falaban un dialecto do galego chamado ancarés[1].

Suárbol chamábase Ambasaugas segundo as versións dos maiores do lugar, porque hai dous ríos na aldea: un á entrada e outro á saída[2].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Hórreo.

Suárbol caracterízase pola súa arquitectura tradicional: os hórreos e as pallozas típicas dos Ancares. Suárbol tivo a palloza máis grande do Bierzo coñecida como a Gran palloza de Suárbol, pero esta ardeu en 1957; hoxe en día queda o solar onde se levantaba esta palloza[3]. No entanto, aínda se conservan varias pallozas en bo estado no lugar. Os hórreos son de planta cadrada e cubertas de lousa coma a inmensa maioría dos edificios de Suárbol, que substituíron os seus teitos por tellados de lousa[3].

O monumento máis importante de Suárbol é a Igrexa parroquial de Suárbol declarada Ben de Interese Cultural en 1995[4]. É un edificio de estilo barroco clasicista do XVII. O cemiterio da aldea atópase dentro da Igrexa[3].

Suárbol tamén posúe outros bens históricos como unha Calzada romana que unía as minas de Ouros en Ibias (Asturias) coas do Bierzo. Tamén destacan os baixo relevos de Suárbol, de significado descoñecido[3].

Festas[editar | editar a fonte]

A principal festa é a do Corpus que a celebran os emigrantes, cando volven ao lugar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ricardo Carballo Calero, Gramática del gallego común, p.120.
  2. suarbol.es (en castelán).
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Patrimonio de Suárbol.
  4. BOE N.º 71, 24 de marzo de 1995.

Véxase tambén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]