Sturmgeschütz III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sturmgeschütz III
StuGIII.jpg
Tipo canón de asalto
Orixe Alemaña Flag of German Reich (1935–1945).svg
Guerras Segunda Guerra Mundial, Guerra dos Seis Días
Construídos 9.408 StuG III
1.211 StuH 42

O Sturmgeschütz III (StuG III) foi un canón de asalto alemán, e o vehículo blindado dese país máis producido durante a Segunda Guerra Mundial. Foi construído sobre o chasis do Panzer III, e inicialmente ideouse como un canón lixeiro móbil de apoio á infantería, aínda que sería continuamente modificado e principalmente sería empregazo como cazacarros.