Strontrace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Strontrace é unha regata de vela que se celebra anualmente nos Países Baixos desde 1974 ideada por Reid de Jong na que participan navíos tradicionais, na súa maioría skûtsje e tjalk.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A idea da Strontrace baséase nas viaxes de navíos que antes da aparición dos fertilizantes realizaban o transporte de esterco (stront en neerlandés) desde Frisia cara a Bollenstreek, rexión de Holanda onde se precisaba para o cultivo dos bulbos. A regata principia en Warkum chega a Warmond, agás o primeiro ano que foi en Sassenheim, e alí é onde se vira de novo para Warkum. Se os ventos son desfavorables pódense empregar sirgas para tirar da embarcación desde terra e axudarse con remos. Desde Warkum pásase polo IJsselmeer, e logo atravésase, xa con navegación a motor, o Buiten IJ, IJ e a Canal do Mar do Norte, logo de aí pódense seguir dous percorridos xa utilizando a vela, a través de Ámsterdan por Kostverlorenvaart ata Nieuwe Meer e logo ao Ringvaart ata chegar a Warmond ou ben por Spaarndam e Haarlem ata Warmond.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]